Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Discriminación

martes, 07 de febrero de 2006
A Vicepresidencia da Xunta de Galicia está empeñada nunha política efectista, que ocupa titulares da prensa escrita, capta a atención das cámaras e dos micrófonos, e proporciona a sensación de vontade de ir un paso adiante cando se trata de presencia nos medios de comunicación.

A última acción, polo de agora, é a dun pacto contra a discriminación suscrito na Vicepresidencia cos representantes de 14 xornais, 6 emisoras de radio e tv e dúas axencias informativas para, no exercicio da liberdade de información, respectar o pluralismo social, cultural e político e rexeitar conductas xenófobas, racistas, sexistas e asociais. ¡O xa sabido, o de sempre, e o normal!

Un pacto así fírmao calquera: Os medios informativos, os médicos, avogados ou taxistas; os profesores de universidade, os traballadores do mar ou os conductores/as de autobuses urbanos.

E sen embargo faltaban varias axencias informativas, tódalas televisións locais do País, medio cento de emisoras de radio e tódolos medios que operamos en Internet. Todos houberamos, seguro, suscrito o pacto contra a discriminación, de non ter sido discriminados.

Pode que a sala onde se asinara o pacto non fose moi grande e non cabera toda a representación do amplísimo mundo informativo de Galicia; pode que a prensa escrita siga a ter para o novo goberno tanto peso específico, tanto impacto e tanto poder de presión como tiña para os anteriores; pode, en fin, que sexa un esquecemento. Pero, en definitiva, consciente ou inconscientemente é discriminación.

E nós non queremos ningunha discriminación. Nin desta nin, loxicamente, naturalmente, da outra. ¡Faltaría máis!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES