Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Morrer de frío

lunes, 06 de febrero de 2006
Estamos afeitos a que as grandes traxedias sucedan lonxe. E que as pequenas, de lonxe, nin nos afectan.

As traxedias lonxanas aféctannos en razón directa ó número dos afectados. Que haxa novecentos desaparecidos na traxedia do Mar Bermello, causa un impacto moi profundo. Se só fosen vinte ou corenta, pasaría case desapercibido.

Eso quere dicir que o impacto na nosa conciencia do que ocorre ó lonxe -ou cerca- é máis cuantificativo que cualificativo. E non nos inflúe a traxedia en sí senón a súa espectacularidade, de maneira que determinados impactos non o son, porque a súa habitualidade ou o encaixe nos nosos esquemas arrédaos do noticiable e polo tanto do impactable.

Pode haber incendios en casas de emigrantes de Francia ou de Alemania; pode haber inundacións luctuosas en Centroeuropa; pode haber centos de mortos polo frío na Europa do Leste… Todo entra dentro do previsible, do soportable, dunha irritante -¡tremenda!- normalidade.

Pero a cercanía racha con todo. E unha morte cercana pode moito máis que centos ocorridas lonxe.

Un home que vivía só morreu perto de Lugo, días pasados, polo frío intenso. Non quería axuda, vivía en condicións infrahumanas, e o intenso frío rematou coa súa vida.

Feitos coma este deben ser lección para todos -especialmente para políticos, representantes do pobo- de que hai máis problemas no mundo, no noso mundo, ca discutir a diario sobre grandes temas, sobre pequenas tonterías, sobre absurdas controversias.

No noso contorno pérdese unha vida; remata un mundo. Non temos grandes catástrofes, porque vivimos no primeiro mundo, organizado, planificado, controlado… Pero temos pequenas traxedias cotidianas, domésticas, diarias, das que moi a menudo nos esquecemos.

Morrer de frío, é unha triste maneira de morrer. E, ademáis, é un pequeno/gran fracaso da nosa sociedade e de todos nós.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES