Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mans arriba! Esto é un atraco!

viernes, 31 de octubre de 2014
Preparense señoras e señores, non vale xa eso da presunción de inocencia.
Non, coas castas políticas enmerdadas na corrupción até as cellas, estas
poñerán o ventilador para que calquera cidadán sexa potencialmente un
defraudador, un corrupto ou un mangante para salvar o seu status e tapar
as súas miserias.

O asunto é que pasamos todo aquelo que criticaba o sistema capitalista dos réximes comunistas, as élites do poder, o enriquecemento duns poucos privilexiados, o control sobre a poboación, o emprobecemento dos asalariados e traballadores, a dictadura do estado sobre a poboación, o imperialismo sobre os dereitos nacionais, é xusto o que está a suceder. Conclusión: Mariano Rajoy é comunista.

Os mesmos que están inmersos en procesos xudiciais sobre corrupción e os
seus xefes políticos critican a economía sumerxida cando eles teñen contas
en paraisos fiscais de millóns de euros. Eses mesmos que levaron ao paro e
á pobreza a millóns de persoas pretenden que as familias vivan do ar cando
recortan prestacións sociais e sanidade e educación. Os mesmos que
degradan a política tiranse os trastos uns a outros na dinámica de "ti máis".

O asunto é canto vai tardar a xente en reaccionar, que máis ten que pasar
para que unha sociedade se rebele e dea a volta a todo, cando se está a
comprobar cada día que o sistema está corrupto e xa non queda fío para
tanto remendo.
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES