Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

José Lobeiras Gómez 'O Armeiro'

miércoles, 29 de octubre de 2014
Dentro da investigación do proxecto Os Vilares, Lareira de Soños, de Pastora Veres e Cibrán Tenreiro, son moitas as persoas merecedoras de ser rescatadas e postas en valor non só na parroquia, pois trascenden José Lobeiras Gómez 'O Armeiro'a ese ámbito pola súa obra.

Entre eles, José Lobeiras Gómez "o Armeiro" do lugar de Berulfe e que exerceu de sacamoas, de artista facendo santos para as igrexas e reparándoos, mesmo facendo canalóns de cinz, é sobre todo de fotógrafo.

Nado en 1902 foi coñecido pola súa militancia republicana e amizade con "Chancharicas", outro dos recoñecidos comprometidos coa República.

Ámbolos dous foron, con outros, delatados polo crego do Buriz é salvados dun fusilamento seguro por don Ramón, o crego dos Vilares.

En conversas co seu fillo Fidel, que reside coa súa familia agora en Bernaldo, Labrada este enseñounos multitude de fotos e falounos dun grande arquivo en negativos do traballo do seu pai, que naquela época retratou vodas, bautizos é mesmo funerais e mortos, non só dos Vilares, sinón tamén da comarca, xa que daquela a fotografía tiña moito de ambulante.

Este home polifacético, un artista do seu tempo, do que contará moito máis o libro de Pastora Veres, merece ser coñecido e recoñecido. Polo de agora, Os Vilares, Lareira de soños, púxose xa en contacto co fotógrafo Xurxo Lobato, membro da Real Academia das Artes, que se ofreceu a estudar o seu arquivo e protexelo e tamén a axudar a divulgalo coa colaboración de institucións.

Aqueles fotógrafos como Pacheco, Manuel Ferrol e outros que son xa artistas de culto, facían o mesmo que fixo o Armeiro é os seus arquivos, testemuña dun tempo, dunha historia que hai que preservar.

O Armeiro de Berulfe fixo o seu traballo e agora tócanos a nós cuidalo e divulgalo. Neso andamos.
José Lobeiras Gómez 'O Armeiro'
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES