Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Que somos?

jueves, 30 de octubre de 2014
¿Un ferreiro é un mestre de escola?

Non porque o que fai é propio dun ferreiro, non dun ensinante.
Cada un ten as súas propias funcións, igualmente importantes e necesarias pero diferentes.

¿Un mariñeiro é un mineiro?
Non, porque o mariñeiro traballa no mar e o mineiro debaixo da terra ou a ceo aberto pero sempre cós pés na terra.
Os dous traballos son moi duros, pero ben diferentes.

¿Un médico é un peixeiro?
Non porque o médico cura as efermidades curables e o peixeiro véndenos peixe.

¿Unha ama de casa é unha astronauta?
Non porque a ama de casa exerce labores no fogar e a astronuata otras ben diferentes.

Sábese o que é cada persoa pola función que desenrola na sociedade, polo que fai.

Se fai ben, é bondadosa; se fai mal e malvada; se extrae carbón, é mineira; se vende froita é froiteira, etc, etc. .

¿Certo?

Penso que neste caso coincidirá comigo.
Pois daquela podemos facernos algunhas reflexións:

-¿Quen somos como pobo, como país, como parroquia, como persoas?
Está moi claro que non tódolos pobos son iguais, nin tódolos países, nin tódalas parroquias, nin tódalas persoas.

Cada pobo ten a súa cultura, os seus costumes, o seu modo de vida, a súa propia idiosincrasia...

Cada país ten a súa língua, a súa riqueza, a súa economía, o seu nivel cultural, o seu nivel social, as súas peculiaridades.

Cada parroquia ten a súa singularidade, a súa festa patronal, algunha celebración que a distingue, ten u non ten coro, etc, etc...

Cada persoa ten o seu perfil propio:
Unha destaca pola súa laboriosidade, outra pola súa responsabilidade, outra pola súa constancia, outra polo seu bo carácter, outra pola súa puntualidade, outra pola súa amabilidade, outra ....etc, etc.

Entonces, en liñas xerais, podemos concluír que somos o que somos porque FACEMOS O QUE FACEMOS e porque –en boa medida- OS NOSOS ANTEPASADOS FIXERON O QUE FIXERON PARA QUE NÓS SEXAMOS COMO SOMOS E FAGAMOS O QUE FACEMOS.

Certo que tamén inflúen moito as circuunstancias nas que cadaquén se desenvolve, pero en igualdade de circunstacias, para ben ou para mal; somos o que facemos:

-Se unha aldea, unha parroquia, unha familia é unida, é porque cada membro fai todo o posible para que a unión se manteña.

-Se unha aldea, unha parroquia, unha familia é próspera, é porque as persoas desa aldea, desa parroquia, desa familia fan todo necesario para que así sexa.

-Se nunha aldea, unha parroquia, un país, unha familia vive como hai cincuenta anos, -salvo casos xustificados- é porque esa aldea, esa parroquia, esa familia non fixo absolutamete nada por evolucionar.

-Se unha aldea, unha parroquia, un país, unha familia está moi actualizada en todo, é porque tódolos seus membros evolucionaron de acordo cos tempos que lles toca vivir.

Hai xente para todo:

-Uns son vangardistas porque lles gusta a innovación e porque lles gusta adiantarse ós tempos.

-Outros van polo medio como a maioría porque é un posto relativamente cómodo no que máis ou menos imos case todos.

-Outros van na retagarda porque ou ben non poden ou ben non queren facer máis.
-É aínda hai unha minoria que perde o tren da vida de vez en cando.

Cada persoa, cada aldea, cada parroquia, cada país, cada pobo, é moi libre de te-los seus propios criterios á hora de levar a súa vida.
En liñas xerais todos pensamos que levamos a mellor vida que podemos levar aínda que a veces teñamos moito que mellorar.

Pero ninguén ve os seus propios defectos con obxectividade. ¡Que lastima!

Tamén é ben certo que todo canto facemos ten as súas consecuencias: non se lle poden pedir peras a un loureiro, nin limóns a unha pereira.

Por eso cada persoa deberíamos pensar seriamente nas consecuencias que teñen as nosas accións tanto a nivel individual como a nivel social; pero eso xa depende da responsabilidade de cadaquén.

Nos mundos que vivimos, para as persoas de a pé- cómpren grandes doses de valor porque –se ben é certo que hai persoas moi exemplares-, tamén é certo que frecuentemente, os xornais enchen as súas portadas de casos que claman ó ceo.

¿Por que somos como somos?
¿Será porque facemos o que facemos?
Se non nos gusta ser como somos...¿Poderemos facer doutra maneira?

Vostede ten a palabra.

Se quere sabe-la miña opinión, direille humildemente que cómpre ofrecer outras alternativas mellores ás xeracióms do futuro.
Quizais sexa o momento de “facer limpeza” porque existen numerosas alternativas que conducen a un mundo mellor para todos.
Pola miña parte irei pensado nalgunha desas alternativas para o vindeiro xoves, xa que quero titular o seguinte artigo: “OUTRAS ALTERNATIVAS SON POSIBLES”

Moitísimas grazas por dedicar uns minutos do seu prezado tempo a ler o que acabo de expoñer.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES