Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Siro e o Club de Prensa de Ferrol

lunes, 20 de octubre de 2014
Siro, novo presidente do Club de Prensa de Ferrol

O Club de Prensa de Ferrol ten un novo presidente, que é, nin máis nin menos, que o escritor, debuxante e humorista, Siro López, sobradamente coñecido en todos os medios sociais, culturais, literarios e políticos de Galicia e máis aló de Pedrafita e mesmo das fronteiras españolas. Xa fora nomeado decano da entidade á que, nos últimos anos, víñalle prestando a súa valiosa colaboración.

Un cidadán que respira Ferrol por todos os seus poros, como o demostrou en múltiples ocasións e, unha vez máis, acábao de facer este fin de semana tomando a bandeira do Club de Prensa que camiña sobre os 27 anos de vida e unhas actividades que practicamente nacen coa propia entidade cara a finais dos anos oitenta.

Releva no cargo á xornalista María Ares que, por razóns persoais, familiares e de traballo, pediu que lle substituísen no labor. María Ares é unha persoa nova, como o era e é o seu predecesor Xan Morales. Ambos simbolizaron senllos intentos de fomentar a substitución xeracional, aínda que con escasa fortuna, a pesar de que os dous o tentaron pondo toda a carne no asador.

Hoxe temos un preclaro presidente e a continuidade está garantida, pero o problema polo que atravesa o Club de Prensa, o mesmo que outras sociedades (non é asunto exclusivo da entidade xornalística ferrolá) é que as novas xeracións circulan xa por outro carril, con independencia da crise que nos arrasa nos últimos anos e que nos leva á precariedade, paro, salarios baixos, etc, todo o cal condiciona tamén calquera paso á fronte no compromiso persoal. Algúns fixemonos maiores co Club de Prensa e, se a situación non cambia, o fin de ciclo podería estar máis preto que lonxe.

Por iso, persoalmente, tendo en conta que alá polo ano 1987 púxenme á fronte da nacente sociedade a cuxa cabeza me mantiven practicamente até o 1999 en que fun chamado para fundar Diario de Ferrol, cando redacto estas liñas experimento unha sensación agridoce. Satisfactoria porque o Club de Prensa resolveu a crise sen ningún sobresalto e de maneira brillantísima, captando a toda unha personalidade cuxo perfil, un luxo para o Club de Prensa, queda descrito e, doutro lado, sensación de preocupación porque unha obra que supuxo sacrificio, compromiso e dedicación, todo iso de maneira incondicional, se pensamos nun futuro próximo non parece ter o suficiente reclamo para as novas fornadas de xornalistas. No entanto, nunca se ha de arroxar a toalla.
Castro, Man
Castro, Man


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES