Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ara Malikian na Pza. de Santa María

sábado, 11 de octubre de 2014
Benvido ao violín que nace do silencio coas serdas rotas da intensidade que penetra nos sentimentos, agasalla desmaios e sobe e baixa polos erradíos da praza, tocando as gárgolas e baixando arcobotantes nun pandemonio de paixón e sensibilidade, mais a música lévanos e carréxanos dacabalo da loucura, máis arriba da razón e cerca do amor, do desexo ou do sufrimento, entre desertos oníricos, paixóns ortodoxas e orientes máxicos.

Envisados entre o sábrego das pedras toca a “Rapsodia lucense do San Froilán”, cando nun intre de luz semellóuseme ver a mesmísima Virxe dos Ollos Grandes e o noso paisano Froilán saír das súas capelas entre os anxos da música a escoitar, e os xenios das melodías celtas, os silfos, tocando os seus instrumentos coas cordas rotas de Ara Malikian ao que acompañaban e daban as grazas.

Soños das mil e unha noites e dos cosacos rusos dacabalo pola estepa están diante de nós, mirándonos cara a cara nesta rapsodia que mestura, xongue e ata o celtismo co armenio e o ruso, o galego co árabe e dá voltas pola praza entre as cordas dun deus barbado que tangue coma os ventos galgadores, coma os deuses bébedos nunha bacanal de notas aguilloadas por un arco de serdas rotas de paixón e pulsionadas polas mans do divino, en brincos dunha goldría a referver nos corazóns desacougados que chegan até o frémito ou o pranto desconsolado entre as doas de luz, mergullándonos ata os miolos do gozo e fundíndonos nunha cacharela aburante de amor, loucura ou desexos.
Grazas Mestre.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES