Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Construír futuro

jueves, 09 de octubre de 2014
Desde o momento que temos vida, temos futuro.
¿Certo?

Ninguén sabe canto futuro lle espera, pero todos ou case todos, pensamos en maior ou menor medida no futuro esperando que sexa prometedor.
De feito cada ano que empeza, aproveitamos para desexármonos o mellor para todos e así ano trás ano.
E os que levamos moitos vividos...
¡Un regalo do ceo!
Por eso cremos no futuro
¿Non, si?
De feito estámolo construíndo no día a día.
E a min paréceme que todos desexamos ter un bo futuro:

-A rapacería pensa no seu futuro principalmente para ser maior e deixar de obedecer ós superiores e ter autonomía.
¡Que pesadas e anticuadas parecen algunhas persoas que aconsellan para ter un futuro prometedor! –di moita xente miúda.

¿ A vostede non lle pasou algunha vez na súa infancia?
A min, moitas.

¿Non sabe dalgún adolescente que estea pasando por esa etapa da vida?
Eu coñezo varios e vostede seguro que tamén.
E se non, só fai falta botar unha ollada á adolescencia que nos atopamos polo camiño da vda.

-A xuventude soña con pasalo ben, ter un bo traballo, vivir ben, ser feliz, fundar unha familia...
Un aplauso para cantos loitan abondo para consegui-lo que se propoñen. Eles serán os donos da terra.

-Os adultos desexan ve-los seus fillos criados e conquistar maior calidade de vida para eles mesmos e para os descendentes.
Precisamente porque cren nun futuro mellor.

-A ancianidade desexa vivir o día a día, escapando o máximo posible á enfermidade, axudarlle ós novos, non ter que depender doutras persoas para os seus coidados e vivir o mellor posible esta etapa da vida.

É moi natural que todos pensemos no futuro prometedor porque para eso o estamos construindo responsablemente na vida de cada día.
Nesta época do ano unha boa parte da sociedade está xirando en torno ó comezo do curso escolar: os estudiantes están de estreno estes días co comezo das clases.
Non a todos entusiasma o principio de curso pero a inmensa maioría considera unha necesidade adquirir unha formación o máis sólida posible.
Aínda que pareza mentira, hai familias que están esperando setembro para liberarse da rapacería porque din que cansan moito.
Non é extraño oír comentarios deste tipo:
¡Que os eduquen os mestres, que eu xa…!

¿Oíu comentarios deste tipo algunha vez?

Eu, máis dunha vez.

E penso para min:
¿Como pode ser que os pais se cansen de disfrutar do froito das súas entrañas durante o período de vacacións escolares?

E saco as miñas conclusións:
Cando esto pasa os seus motivos terá:
¿Serán fallos na educación familiar que moitas veces levan a unha convivencia difícil entre pais e fillos?”.

Ben, pois aquí quería chegar eu:

“O PROFESORADO TEN A MISIÓN DE INSTRUÍR NUNS COÑECEMENTOS QUE PREPAREN A PERSOA PARA ABRIRSE CAMIÑO NA VIDA”

O que é a educación en canto a hábitos de conducta para saber relacionarse cos outros, debe adquirirse na casa, aínda que poida complementarse coa escola.
A casa é a base de todo.
Non podemos delegar noutros o que nos corresponde a nós.

Desafortunadamente está pasando moito o feito de delegar na escola, na televisión, nas redes sociais e incluso na sociedade, o que principalmente corresponde á familia.

E aínda diría máis, paréceme que:

“A VECES A ESCOLA SÉNTESE IMPOTENTE EN OCASIÓNS PARA OBTER BOS RESULTADOS ACADÉMICOS PORQUE O ALUMNADO NON VÉN PREDISPOSTO POSITIVAMENTE DA CASA”.

Moi ó meu pesar, recibo noticias tan tristes como que hai nenos que chegan ós centros educativos moi mal habituados das súas casas e non respetan as normas básicas de convivencia ó chegar ós centros escolares:

-Non obedecen ó profesorado.
-Maltratan o material.
-Non estudian nin deixan estudiar…
-E outras cousas maioires.

¿A dónde imos desta manera?
¿Qué futuro lles espera a persoas con eses hábitos?

A veces as familias poñen a disculpa de que se trata dunha criatura hiperactiva e que hai que aceptala así porque cada neno é un mundo.
É certo que cada persoa é un mundo, pero...

¿A vostede que lle parece?
¿No fondo non será que quen así fala sabe demasiado que o problema vén de non correxir a tempo, de non marcar límites, de consentir o que nunca debera terse consentido?

O malo é que os mestres non tragan porque para algo saben de pedagoxía máis que ninguén.

Moi contra gusto, vense obrigados a abrir partes de mala conducta, para mante-lo ritmo da clase; pero…

¿Ata que punto educan os partes de mal comportamento?

¿Ata que punto a escola pode enmendar probemas de base familiar?

Realmente é moi grave o que está pasando coa violencia da infancia tanto no entorno familiar como no escolar:

¿Como é posible que un neno lle pegue a seu pai ou a súa nai ou incluso intente facelo co profesor de turno?
¿Que futuro nos espera?

Din alí que o que as fai, as paga. Pois moi mal futuro vexo nesas familias que descoidan a correccción infantil.

Menos mal que maioría fan como vostede e coma min:
-Pensan que unha corrección a tempo é unha victoria.
- Pensan que máis vale previr que curar.

¡NON HAI CARTOS NO MUNDO QUE PAGUEN UNHA BOA EDUCACIÓN RECIBIDA NA INFANCIA E NO SEO DO FOGAR!

Moito lles debemos a tantas e tantas familias, ó profesorado e a tódalas persoas de boa vontade que exercen o seu labor educativo como mandan o cánones.

Esas persoas constrúen un futuro prometedor para todos:

-Grazas a elas vemos os nosos dereitos respetados na medida que os vemos.

-Grazas a elas temos os bos profesionais que hai.

-Grazas a elas temos bo vecindario alí onde o hai.

-Grazas a elas, ós enfermos non lles faltan excelentes coidados cando dan co persoal ben educado.

-Grazas a elas disminúen os accidentes de tráfico según informan as estadísticas.

-Grazas a elas os maiores son respetados, valorados e apreciados.

-Grazas a elas, reina a paz nas familias.

-Grazas a elas, hai moitos menos divorcios e separación matrimonais en familias con bos principios que onde non os hai.

-Grazas a elas, disminúen os suicidios porque as persoas ben educadas saben supera-los probemas e tamén son máis felices.

-Grazas a elas non se producen homicidios porque elas aman e respetan a vida ante todo.

-Grazas a elas temos os políticos honrados que temos.

-Grazas a elas, reina a paz porque elas foron educadas para saber convivir.

¿Imaxínase un mundo no que todos foramos así?

Eu, sinceramente, non descarto esa posibilidade porque somos moitos os que loitamos por construílo.

Dígame a verdade:
¿Vostede non leva loitado o seu para conseguilo?

Estou segura de que si.

Tamén estou segura de que todos, dun xeito ou doutro, estamos constríndo futuro; uns con maior acerto que outros, pero o ben –máis tarde ou máis cedo- ten que reinar sobre o mal.
E neso andamos.
¡Noraboa pola súa aportación na construcción dese futuro que é o presente que agora disfrutamos!

E se o considera oportuno, pode ler o próximo artigo titulado:
“A VOZ DO SILENCIO”.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES