Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Póquer de ases

lunes, 06 de octubre de 2014
Catro dos máis grandes do fútbol italiano acaban de dicir adeus, acaban de despedirse dunha xente que os idolatrou. É que foron coma deuses! A elegancia de Del Piero, con case 38 anos. A profesionalidade de Nesta, con 36. A paixón de Inzaghi, con 39. E a entrega de Gattuso, con 34 anos. Vaia póquer!

A Del Piero tan só o expulsaron dúas veces en toda a súa vida. Gattuso respectaba aos veteranos e agora confesa que os máis pipiolos ganan un pastón e crense os amos do mundo, “ata El Shaarawy, que é un bo rapaz, ás veces contéstache mal cando lle dis algo”. Este mesmo xogador, con toda a ferocidade que simulaba, nunca esqueceu a súa procedencia de familia humilde e sempre confesou que “nun mes gano máis có meu pai durante toda a súa vida”. Nesta nin tan sequera luxaba o pantalón cando se tiraba ao chan. Excelente póquer de ases!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES