Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (28)

miércoles, 01 de octubre de 2014
Como vivimos o entroido


Dise que os anciáns só pensan no pasado, pois é co presente co que se pode contar. Despois de vivir tres cuarto de século, xa miramos máis para atrás, pois é bonito recordar o pasado.

Sendo nena, papá polo Carnaval, ía á casa da señora nai (como lle chamaba el); o pai xa lle morrera había tempo; eu xa non o coñecín. Lembranzas dunha vida (28)Sempre levaba os nenos máis pequenos. Recordo que a avoa abría a artesa e sacaba un prato de freixós, unha fonte de carne e unha xerra de viño. Os nenos comiamos antes e, logo, a xogar. Eles, os irmáns e a nai estaban en reunión.

Era unha festa moi bonita. Había faranduleiros. Eu tíñalles moito medo, pero non facían mal, pois eran das parroquias veciñas. Sendo moza, había competencia de máscaras. Había unha señora moi maior, chamada Tía Maripepa, que sabía facer flores de papel (parecía naturais) para adornar os sombreiros. Había roupa moi boa: enaugas brancas con bonitos bordados. Algunhas tiñan mantóns de Manila. A min sempre me gustaron moito, pero nunca o tiven. A nosa economía non daba para tanto; pero, por iso, nunca deixei de ser feliz.

Había moitos días de festa: sábado, domingo, luns e martes de Carnaval. O mércores xa se acababa, pois era Mércores de Cinza. Ese día non se podía comer carne, nin os venres de Coresma. E, para podela comer os outros días de Coresma, había que comprar a Bula. Era un papel que vendía o cura. Custaba unha peseta. Isto non o entendía antes nin tampouco o entendo agora.

Cocíase algo de molete. Facíanse os freixós, e cocíase a cachola do porco. Era unha festa pequena, pero moi bonita. Naquel tempo, as familias estaban moi unidas. Hoxe, os coches, os móbiles, internet... Tantas cousas temos, que non nos queda tempo para nada. Aínda que hai lavadoras e outros aparellos para axudarnos, non temos tempo para ver un enfermo, un vello, coidar un neno, tantas cousas que te fan vivir e sentirte útil. Se o pensáramos ben, ata añorariamos outros tempos pasados.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES