Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

2015: Tamén Díaz Castro e Os Vilares

viernes, 26 de septiembre de 2014
Si, podería parecer que o 2014, coa dedicatoria das letras ao poeta dos Vilares e a coincidencia co centenario do nacemento sería un ano intenso pero que no 2015 o Pepe do Vilariño e a nosa parroquia perderían protagonismo, pero non.

2015: Tamén Díaz Castro e Os VilaresA semana pasada, na presentación da exposición sobre Díaz Castro na biblioteca González Garcés da Coruña, o amigo Armando Requeixo lembrou que no próximo ano se cumpren 25 do pasamento do poeta chairego, o que manterá activa a súa memoria e actividades e polo tanto contribuirá a seguir coñecendo a súa obra.

Pero non será o único. Os Vilares honra a memoria do poeta outro ano máis pero reivindica a importancia de seu co libro e documentario do proxecto "Os Vilares, lareira de soños" que sairá á finais deste ano con Pastora Veres e Cibrán Tenreiro como directores destas obras e máis aínda, un libro de poesía doutro vilarego, Jaki Quintela, editado por Xermolos, e un proxecto de exposición fotográfica como a que deu lugar ao proxecto de Pastora Veres hai 24 anos por encomenda de Manuel María.

No 2015, lonxe de apagarse a luz de Díaz Castro, este recobrará forza e con él esta peculiar parroquia do seu nacemento.

E haberá ben máis cousas para sorte das letras, da Terra Chá e do propio concello de Guitiriz, que en momentos de crise e depresión económica sigue de actualidade grazas ás letras e á cultura.

2015 debe se o ano do impulso definitivo da restauración da casa natal do poeta no Vilariño é do futuro museo que dea vida ao seu legado e a unha.parroquia chairega que moito aporta é pouco recibe das administracións e que de seguro, coa implicación de todos será posible. Neso andamos.
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES