Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Convivencia veciñal en harmonía

jueves, 25 de septiembre de 2014
Desde que o mundo é mundo, habitamos en comunidades formando rúas, rueiros, aldeas, pobos, vilas, cidades, países...
Hai quen di que vale máis un bo veciño cerca que un parente lonxe porque cando se produce unha emerxencia, mentres chega o parente xa o veciño ten o problema medio resolto.

Convivencia veciñal en harmoníaPor eso as relacións veciñais deberían ser fraternais porque hoxe por ti e mañá por min. Todos nos necesitamos porque todos nos complementamos.

Ninguén pode amañarse sen a colaboración dos outros.

Pois ben: unha boa convivencia veciñal en harmonía ademais de recomendable, é posible.

Tan só se precisam unhas cuantas normas básicas de educación que están ó alcance de quen as queira usar:

-Atender cadaquén á súa vida no día a día.
-Non molestar a ninguén co noso comportamento.
-Respetar os dereitos dos que nos rodean.
-Ser amable e servicial cando alguén precisa a nosa axuda.
-Cooperar nas tarefas comunitarias.
-E pouco máis...
En resume, non deber nada a ninguén máis que amor.

Cando esto se produce:
¡Que delicia!
¡Que ambiente tan san se respìra cando te ves entre veciños que conviven harmoniosamente!
¡Dá gusto velos!
¡Dá gusto estar entre eles!
¡É unha gozada participar nas xuntanzas arredor dunha mesa compartindo os mesmos manxares en comuñón!

¡É unha gozada participar na vida comunitaria!
É o que se di: UNHA CONVIVENCIA VECIÑAL EN HARMONÍA.
¡Un regalo do ceo!
Mellor dito: “UN BOCADIÑO DE CEO NA TERRA”

-No tocante á vida persoal, cada un organízaa como sabe e pode ó seu modo e maneira. Na súa república Independiente non entra ninguén.

-Cado toca facer xuntanzas, fanse coa participación de todos, aínda que sempre ten que haber alguén que dirixa a orquestra. Afortunadamente, nunha comunidade sempre hai alguén que está máis disposto a colaborar altruístamente para o ben común sen pedir nada a cambio.

-Cando toca colaborar en tarefas de comunidade o primero paso é reunirse para chegar a un acordo sobre o que se quere facer e como se pensa facer, o segundo consiste en repartir según que responsabilidades e o terceiro é poñer mans á obra colaborando cada un no que sabe e pode.

E entre todos, faise todo.
Queda moi lucido e produce unha gran satisfaccións á comunidade ó tempo que ser fortalecen os lazos de convivencia veciñal en harmonía.

E por último, algo que non se pode esquecer: dáse bo exempo ás novas xeracións para que conserven as tradicións, conseguindo deste xeito unir os nosos esforzos ós dos devaceiros e construir un pobo unido, forte e valente.

Convivencia veciñal en harmoníaAsí é como funcionan boa parte das comundades que eu coñezo e a verdade é que son dignas de admiración.
Eu son unha gran admiradora das comundades que saben organizarse.
Todo funciona mellor:
-Porque para todos se usa a mesma unidade de medida.
-Porque non hai diferencias entre persoas. Ninguén se sente discriminado.
-Porque desaparecen as envexas.
-Porque mellora a autoestima individual e colectiva.
-Porque se crean lazos de fraternidade entre as persoas.
-Etc, etc…

Realmete son comunidades exemplares.
¡Canto se pode aprender delas!
Eu pretenzo a unha comunidade que máis ou menos vai facendo, en algúns casos incluso fomos exemplares pero sempre se pode mellorar. A min gustaríame que houbera máis unión. Sería mellor para todos.

E vostede…¿Que opina da súa veciñanza?
¿Ten vivido experiencias gratificantes?
Supoño que si.
¿Merece a pena, verdade?
Todos temos moito que mellorar, por eso estamos no mundo para aprender.

Para aprender o que se organizou esta comunidade veciñal para decora-la súa rúa para a festa do patrón.

¿Imaxínase na súa aldea, no seu pobo ou na súa vila ou cidade que cada rúa creara a súa propia decoración para celebra-la festa do patrón e facer máis lucida a celebración?

A verdade é que: “ESTAMOS NO MUNDO PARA APRENDER”

Ese será o titulo do próximo artigo.
Graciñas por ter lido este.
Para persoas como vostede, dá gusto escribir.
Grazas, outra vez.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES