Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Illa do Tesouro está nas bibliotecas públicas

viernes, 26 de septiembre de 2014
Non hai que facer caso do letreiro da fachada. En realidade é o mapa cifrado da Illa do Tesouro que Robert Louis Stevenson trazou hai cento vintecinco anos. Hoxe as liñas do mapa son letras de ferro: “Biblioteca Pública”. A Illa do Tesouro da nosa cidade ten máis de setenta mil libros. Na cidade de Heidelberg, pouco máis grande que Lugo, a biblioteca universitaria ten millón e medio de exemplares. A diferencia é tan abismal como a que existe a nivel cultural entre Alemaña e España. Alí a biblioteca é o corazón da universidade. Os alumnos aproban as asignaturas con traballos de investigación que se cocen nas mesas das bibliotecas cos ingredientes de múltiples libros. Aquí repasan apuntamentos.

Con todo, a nosa éche unha biblioteca fastosa. Nela pódese ver cada día a Stevenson engordando a pouquiños o seu tesouro ao alcance de todos. E a viaxe ata alí aínda é gratuito, por máis que a Europa dos mercadores pretenda cobrar por arribar ás praias desta illa sementada de libros.
Setenta, oitenta mil libros. Lendo un por semana son cincuenta e dous ao ano. Multiplicados por setenta anos de lecturas compulsivas dan tres mil quinientos e pico. Esta biblioteca de Lugo non é tan pequena! Moitos precisarían setenta mil anos para percorrer esta illa de papel.

Un día calquera de setembro, hoxe por exemplo hai pouco máis de cincoenta rapaces, case sempre rapazas, en absoluto silencio… repasando apuntamentos. Ninguén ten un libro na mesa. Memorizan, non investigan. Unha mágoa, porque as auténticas xoias están nas estanterías.

Deambulando polos recunchos desta illa ateigada de riquezas entramos na hemeroteca: xornais e revistas a esgalla e coa espada de Damocles sobre o seu futuro. É dicir: libros de historia cotiá que só parecen interesar a persoas maiores. E son gratuítos. Noutro recuncho amoréanse perlas de música, vídeos e películas. Aquí e acolá pantallas de acceso a internet. Tamén gratuíto!

Nas costas da Illa do Tesouro, xusto na entrada, hai cofres cheos de exposicións de fotografía, de escultura, de pintura que enriquecen os ollos dos expedicionarios que aprenderon a mirar.

Alguén debería arrincar da fachada as arañas de ferro do título da biblioteca e colgar alí o mapa de Stevenson. Para que os case cen mil lugueses, sobre todo nais e pais despistados, arribáramos cada día a Illa do Tesouro, para afundir mans e ollos, o tacto e o corazón, o cerebro lacazán nos cofres de xoias de libros e xornais, libros e exposicións, libros e internet, películas e libros, máis libros e música. Libros, e libros, e máis libros ata devoralos todos desde o título ata palabra FIN. Ata que a illa medrara desde o tres pisos que ten agora ata os trinta. Desde os setenta e pico mil libros ata os sete millóns. Desde os vinte bibliotecarios ata douscentos.

Vintecatro horas cada día. Trescientos sesenta e cinco días cada ano.
Na compaña de Robert Louis Stevenson.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES