Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Relacións exteriores

miércoles, 18 de enero de 2006
Moi posiblemente, as comunidades autónomas precisen dun Conselleiro de Asuntos Exteriores para relacionarse coas comunidades colindantes, e para potenciar a ósmosis entrelas.

No caso de Galicia, agora que xa non existen fronteiras con Portugal nin -loxicamente- coas outras comunidades autónomas, seguimos construíndo Pirineos que nos delimitan, e non hai máis que ver como se poñen os nosos veciños máis cercanos polo leste cando se trata do idioma galego falado dentro das súas comunidades para entender que veciños, sí, pero amigos aínda non.

Galegos e asturianos fomos sempre como irmáns (primos irmáns, dí o refrán), pero a relación que existe a escala particular falta a nivel oficial. O mesmo con Castela-León, coa que conectamos a través da Galicia Irredenta como se chamou desde sempre a O Bierzo. E algo habería que facer tamén con Extremadura que, aínda que físicamente non hai zonas de contacto, sí existen zonas extremeñas nas que se fala o galego, e algo haberá que facer ó respecto xa que a historia se encargou de relacionarnos por riba da distancia e do tempo.

E logo, quédanos Portugal. Ese país co que temos pasado tantos séculos de costas, a pesar do idioma, a pesar do clima, co rio Miño separando en lugar de unir.

Días pasados, o Presidente Touriño participou nos "Olhares cruzados sobre Oporto", e alí proclamou a necesidade de aproveitar o "espazo de oportunidades, desenvolvemento e benestar" que temos por diante galegos e portugueses coa necesaria conxunción de esforzos e iniciativas, sinalando a necesidade de dar o definitivo impulso á Eurorexión, e abogando polo tren de alta velocidade que nos poña en comunicación rápida cos nosos veciños do sur.

Por eso a necesidade de contar cun Conselleiro de Asuntos Exteriores. Temos un alto cargo encargado das relacións da Xunta co Parlamento, outro para relacionarse coas comunidades na emigración. Pois a Xunta debe concienciarse de que os contactos cos países limítrofes deben establecerse e potenciarse con fins económicos, sociais e políticos, na seguridade de que canto maior sexa o entendemento cos veciños inmediatos máis vencellos de todo tipo se establecerán. E non seremos unha illa, nin a esquina dunha península, nin un fisterra, senón un lugar no mundo camiño para calquera parte.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES