Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Día das Persoas de Idade

lunes, 22 de septiembre de 2014
A Asamblea Xeral das Nacións Unidas ten sinalado o 1º de Outubro como o Día Internacional das Persoas de Idade. A verdade é que tal enunciado desconcertounos e coidamos que se trataba de algo dirixido a toda a poboación mundial porque, preguntamos ¿cal é a persoa que non ten idade?.

Para saír de dúbidas continuamos informándonos do contido da resolución e de contado se nos disipa a confusión inicial, porque mesmo seguido díse que “para solicitar contribucións ó Fondo Fiduciario das Nacións Unidas para o “Envellecemento”, que apoia proxectos en beneficio dos anciáns en países en desarrollo”.

O Plan Fiduciario das Nacións Unidas estabreceuse como Plan de Acción Internacional sobre o “Envellecemento”, aprobado en Asamblea Mundial sobre a cuestión celebrada en Viena en 1982.

Estase a falar entón daquelas persoas que chegaron no seu ciclo vital á vellez e que é verdade que teñen idade, pero muita. É decir, que son “vellos”; e este alto organismo entende que tal concepto corresponde as persoas de mais de 65 anos; casualmente a idade que no noso país se xubila á xente.

Históricamente, ata o século XIX, chegar a esa idade era un privilexio co que poucos contaban, xa que a esperanza de vida, incluso en Europa, non superaba os 40 ou 50 anos.

Non hai dúbida de que todo esta ampliación do ciclo vital e, polo tanto, o incremento da poboación a partir da idade sinalada, débese, fundamentalmente, á mellora xeral da calidade de vida e ós avances da medicina.

É certo que esta situación demográfica (na que, ó menos teóricamente, se deixa de producir e sen dúbida empeora a saúde), a sociedade debe emplear mais recursos humanos e económicos para a súa atención; é éste un principio, por evidente, aceptado universalmente.

De tódolos xeitos, aínda tratándose dun proceso normal, en canto que obedece a razóns puramente biolóxicas, a vellez é algo que a sociedade non acaba de aceptar con naturalidade e, por conseguinte, coa consideración que sería desexable; e decimos esto porque mesmo dende as institucións, e serva como exempro á que neste comentario aludimos, recúrrese a expresións artificiosas, e polo tanto falsas, para referirse a un colectivo ben definido: a “vellez” ou os “vellos”, que neste caso pretenden enmascarar baixo o absurdo eufemismo de “persoas de idade”.

No noso territorio está moi consolidada outra forma que consideramos despectiva e, polo tanto, irrespetuosa para este colectivo: é eso da “ Terceira Idade”. Nunca entendimos de onde sae tal denominación: ó longo do noso periplo existencial fumos neno, adolescente, xove, adulto… Endexamais alguen nos dixo que estabamos na primeira ou na segunda idade; non comprendemos cómo de súpeto aparecemos na “terceira”, término que por certo ten unhas connotacións cualitativas pexorativas: se mentamos ó “terceiro mundo” estamos a falar de pobreza e analfabetismo; se sacamos un billete de “terceira” para o tren viaxaremos no vagón menos confortable do convoi e se na carnicería nos dan "terceira" levaremos osos, graxa e pelexos....

Somos conscentes das limitacións, moitas veces dramáticas, que se viven na vellez; pero nunca pola idade ou pola situación física ou mental, a persoa é ”de terceira” aínda que algúns, pouco sensibles á condición humana, así o proclamen; os valores humanos transcenden ás eventualidades.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES