Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Manuel Lourenzo

jueves, 18 de septiembre de 2014
En cada edición da Semana de Cine de Lugo, homenaxeamos a persoas irrepetibles, galegos das artes da escena, artistas senlleiros coma o deste Manuel Lourenzoano que naceu para a interpretación para nunca máis morrer.

Manuel Lourenzo é do Valadouro, nos nortes lucenses; é de Lugo, de Galicia e do mundo enteiro. É do teatro e do cine, e da radio, da televisión, da poesía, da narrativa. E outra vez do teatro. Sempre do teatro. Seguro que para el, como para todos nós, o cine é teatro (nun especial soporte), como o é a televisión, que conseguíu facelo aínda máis universal; de todos nós.

Aos lucenses galegos énchesenos a boca falando da nosa xente máis sobranceira. Pois para Manuel Lourenzo case non temos palabras porque con dicir o seu nome dito todo está. E para iso Manuel Curiel lle dedicou tempo, traballo e agarimo para facerlle esta homenaxe en libro que todos os lucenses suscribimos, e rubricamos todos os que somos devotos da súa (afortunada) historia interminable en tódalas artes que coa escea teñen relación.

(Xulio Xiz é Presidente do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá).
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES