Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nova andaina na UNED Rural Galega

lunes, 15 de septiembre de 2014
Desde sempre, os Séniors foron madrugadores. Neste caso tamén madrugaron para proceder á inauguración do curso 2014-15 na Uned Sénior de Xestoso, adscrita á UNED de A Coruña.

Nova andaina na UNED Rural GalegaNesta ocasión tocáballe ó Concello de Monfero na provincia de A Coruña correr coa organización; e fíxoo moi ben no Pavillón Deportivo do C.P.I. “VIRXE DA CELA”, un lugar de encontro de nenos, adolescentes e séniors, moitos deles encadeados por lazos de sangue.

Tamén estabamos alí algunhas persoas que noutrora exercemos alí mesmo a docencia por eso as vibracións eran para nós moi familiares e entrañables.

Un lugar onde conflúen moitas enerxías positivas, e por eso nos encontramos moi cómodos arroupados polas autoridades académicas e políticas coordinadas polo propio Coordinador da Uned Sénor de Xestoso, Don Luis Angel Rodríguez Patiño.

Ademais do Coordinador, interviñeron o Sr Alcalde da localidade Don Benjamin, a Directora da Uned en A Coruña, dona Susana Blanco e o Profesor Don Felipe Senén López Gómez.

O Coordinador mostrouse moi orgulloso do Alumnado tan peculiar que ten esta Uned Sénior, creada por inicitiva súa; que se ben é certo que lle dá moitos quebradeiros de cabeza, tamén é ben certo que as satisfaccións supéranos con creces. Por eso segue ó pé do canón loitando co mesmo entusasmo do primeiro día para seguir ampliando o radio de acción tanto no medio rural como no urbano.

Cedeulle a palabra ó Señor Alcade de Monfero quen nos deu unha lección sobre o comportamento neuronal do cerebro dos séniors e mostrouse contento por vernos dispostos a conservalo no mellor estado posible.
Tampouco podía faltar a intervención do Profesor de Histoira de Galícia da Uned Sénior de Xestoso, D. Felipe Senén López Gómez que aínda estaba entusiasmado pola recepción da “NAVALLA DE MANUEL MARÍA” uns días antes.

Nova andaina na UNED Rural GalegaA contunuación, tomou a palabra a Directora da Uned que non está menos orgullosa da creación desta Univesidade Sénior neste momento no que ela está comezando xa o terceiro mandato como Directora desta Institución Académica en A Coruña:
Unha experiencia piloto que xa leva seis anos en marcha e que pode ser unha semente que dea bos froitos tamén noutras provincias onde a UNED está implantada.

Tamén acompañaba a Diretora do C.P.I “VIRXE DA CELA” e as autoridades políticas dos concellos onde está presente a Uned Sénior de Xestoso.
Todo un exemplar logro de coordinación entre todos.

Para ammeniza-la celebración, o Aumnado da clase de Música interpretou en primeiro lugar o HIMNO da Uned de Xestoso composto polo propio alumnado, seguido de tres actuacións musicais; que deron paso a un exquisito xantar de confraternidade servido por unha empresa do lugar.
Varias actuacións musicais a cargo do Alumnado de Musica puxeron o broche de ouro; quedando oficialmente inaugurado o curso 2014-15 que comezaremos no vindeiro mes de outubro.

Ademais da inauguración, tivo lugar o reencontro despois das vacacións estivais e sentímonos todos moi felices de poder vernos e abrazarnos de novo. Todo esto grazas á Uned Sénior de Xestoso.

¡Que non cansen as forzas de tódalas persoas que facemos posible esta orixinal idea!
¡Por moitos anos!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES