Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Onde está o Wally?

martes, 09 de septiembre de 2014
Onde está o Wally galego? Esa figura aglutinadora dun proxecto común de País que sexa quén de ilusionar para acreditar en nós mesmos e as nosas potencialidades.
Onde está o Wally?
Nacionalismo galego, depositario real da identidade do país, lonxe de facer autocrítica dos seus erros e fracasos leva anos xustificandoos por causas exóxenas e poñendo disculpas aos continuos retrocesos electorais. Non só eso, ademáis é quén de fagocitar referentes creados por si mesmos sin alternativas á altura dos eliminados.

Catalunya ou España, están hoxe gobernadas por persoas que perderon eleccións no seu momento.
Mentras o nacionalismo galego, alterna pseudo líderes cada pouco tempo que socialmente non acadan introducción nin son referentes politicos para os cidadáns e moito menos se lles identifica como opción de goberno.

Pode este país prescindir de figuras como o ex vicepresidente Anxo Quintana? Pode prescindir de figuras emerxentes como Teresa Táboas ou mesmo Roberto Mera? Ou máis aínda, pode este país prescindir dun nacionalismo identificado con goberno e poder en lugar de instalarse permanentemente no papel de oposición mentras o neofascismo e o españolismo campa ás súas anchas?

E máis preguntas seguramente sin resposta, pode o nacionalismo galego, o galeguismo con maiúsculas permitirse o luxo de prescindir de ninguén?

Os personalismos, a necesidade de control orgánico, os intereses particulares e mesmo nalgún caso a subsistencia, provocan miserias que limitan as visións obxectivas da politica e poñen por diante visións reduccionistas que facilitan o medre de forzas e politicas de fora ao tempo que impiden a creación dunha alternativa maioritaria de país.

A demagoxia no discurso para impedir lederados reais para a sociedade con falsas proclamas colectivas van paso a paso enterrando calquer atisbo de ilusión colectiva con fortes referentes públicos e o traballo colectivo diario acada menos froitos que líderes efímeros sen apenas estructura nin traballo social.

E mentras, algúns, seguimos a facernos unha pregunta... Onde está Wally? Seguramente oculto entre catro millóns de galegos. Busquémolo.
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES