Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Etnorituais e ofrendas relixiosas (V)

jueves, 11 de septiembre de 2014
IV. SANTUARIO DO SANTO ANXO DE ANSEÁN, O CORGO (LUGO)


3. A CONFRARIA DO SANTO ANXO E DO SANTÍSIMO

As confrarías son agrupacións voluntarias formadas por laicos que teñen como finalidade fomentar o culto de determinadas imaxes. Reciben o seu nome dos misterios da relixión cristiá, das festas do Señor, da Virxe, dos santos...".
Etnorituais e ofrendas relixiosas (V)Las cofradías con asociaciones voluntarias de carácter laico, cuyos fines están relacionados formalmente con el culto a determinadas imágenes o advocaciones". "La cofradía es la mediación fundamental para la animación y cristalización de las grandes devociones populares".
Teñen un obxectivo relixioso-católico e dependen da autoridade eclesiástica. "...son asociaciones cuyos fines son formalmente religiosos, estando sujetos, por ello, a la jurisdicción eclesiástica y a la autoridad de la jerarquía católica". Na confraría lévanse a cabo relacións de convivencia, sociabilidade, intercambio e reciprocidade. "La cofradía es el núcleo focalizador de toda una vida y un dinamismo comunitario".
A confraría pode chegar a representar o nivel de identificación e integración de toda a comunidade. Nese caso a festa principal simbolizará o conxunto da comunidade mesma fronte ó mundo exterior. " Cada fiesta es la expresión de identidad de la comunidad y también de su unidad".
As confrarías en Galicia xa tiñan vixencia nos séculos XII e XIII. Así o código dado por D. Alfonso X a terra de Santiago no ano 1252, dice entre outras cuestións o seguinte: "Otrossi mando que non fagan confrarías, nin iures males, nin ningures malos ayuntamientos, que sean a danno de la terra e a mengua do mio sennorio, sino para dar a comer a pobres, o para luminaria, o para soterrar muertos". Deste xeito as confrarías tiñan inicialmente como fins básicos: adicarse ós necesitados, enterrar ós mortos e iluminar o recinto eclesial cando haxa cultos levados a cabo pola confraría.
En Galicia as confrarías son abertas e verticais en contraposición a Andalucía onde tamén as hai pechadas e horizontais. Son abertas xa que a persoa que o desexe pode pertencer a elas sempre que execute os estatutos da asociación; son verticais xa que en cada unha dela intégranse persoas pertencentes a distintas capas sociais.
Normalmente unha persoa pertence a unha confraría ben pola tradición familiar, pola amizade con algún membro delas, pola residencia etc. Isto motiva que calquera persoa poda ser membro de varias confrarías, aínda que nalgunha delas non teña a residencia do confrade.
Pois ben, polo que respecta aos séculos XIX e XX, a dinámica desta confraría foi a seguinte:
D. Juan López de Prado, párroco de Santa Catalina de Anseán, xunto a Francisco Castedo, Silvestre Santalla e Pedro de Portela, veciños de dita freguesía, comparecen diante dos demais fregueses desta parroquia en cumprimento do acto de visita do Ilmo. Sr. D. Felipe Peláez Canedo, bispo da diócese de Lugo, no que se suprime a confraría existente coa advocación do glorioso Santo Anxo da Garda coa finalidade de que no seu lugar se funde de novo a confraría do Santísimo Sacramento á que pasamos todo o caudal que posuía a do Santo Anxo.
O día 7 de Abril do ano 1799 fundamos a devandita confraría, que se vai regular mediante as seguintes constitucións:
1ª. Nomeamos ao Ilmo. Sr. bispo da diócese de Lugo, sempre que o desexe, así como aos seus sucesores primeiro irmán da dita asociación.
2ª. Queremos que todos os veciños desta parroquia se inscriban como confrades, e cumpran coas seguintes obrigacións: Acompañar ao Stmo. Sacramento nas súas funcións e cando se leve aos doentes. Asistir as funcións que celebre a confraría polos confrades vivos e difuntos.
3ª. Desexamos que se celebre anualmente unha misa e unha función solemne ao Stmo. Sacramento ben no día do Corpus, na súa Octava ou nunha das dominicas seguintes sempre que o permitan as funcións ao Santísimo que se oficien nas parroquias cercanas. Para celebrar esta función o párroco deberá chamar aos cregos, que fagan falta dandolles a esmola estipulada pola confraría.
4ª. Resolvemos que o párroco convoque para a festividade do Santo Anxo a seis cregos a fin de que os fregueses da parroquia poidan confesarse para gañar as indulgencias concedidas á confraria do Santo Anxo sempre e cando o bispo da diócese de Lugo teña a ben non suspendelas. Así mesmo, acordamos que se celebre unha misa e función por todos os irmáns vivos e difuntos pagando aos cregos oficiantes a esmola acordada pola irmandade. Ademais todas as funcións relixiosas que leve a cabo dita asociación seran realizadas polo párroco ou polos cregos que ordene.
5ª. Acordamos que a confraría teña dúas clases de irmáns: Unha, que comprenda a todos os cabezas de familia da parroquia, que pagarán anualmente por si e polas súas familias un ferrado de centeo. Outra, que deberérá pagar ao ano catro cuartos de tarxa e un real de vellón de entrada non sendo admitidos os que superen os corenta anos. Todos teñen dereito a recibir da asociación seis fachas para enterro e honras.
6ª. Queremos que todos os anos se designe na confraría un mordomo, que terá a obrigación de recoller polo mes de Agosto as tarxas de centeo, depositalas nunha arca, que construirá a irmandade, e beneficialas nos meses de mellor prezo coa intervención do párroco e o depositario. Tamén custodiará e entregará a cera para as diferentes funcións relixiosas.
7ª. Resolvemos que o depositario custodie na confraría o caudal resultante, así como o sustento da mesma. Ao rematar o seu mandato ou anualmente dará a coñecer ao párroco as súas contas con cargo e data, entregando ao novo depositario o alcance actual da asociación.
O libro da confraría ao igoal que o libro de fábrica seran inspeccionados polo bispo da diócese de Lugo ou polos visitadores da Orde.

Por esta confraría pasaron uns 1800 confrades no periodo comprendido entre os anos 1915 e 1947. No século pasado, a finais da década dos sesenta, a confraría tiña uns 1000 confrades.

4. A FESTIVIDADE E A PROCEDENCIA DOS DEVOTOS

A festividade do Santo Anxo celébrase o segundo domingo do mes de maio.
Acoden devotos non so de diferentes parroquias de O Corgo (Lugo), senón tamén doutros concellos cercanos; entre outros, Baralla, Castroverde, Guntín, Láncara, Lugo, O Páramo e Portomarín .Polo tanto, este santuario posue un territorio de gracia supraparroquial e supramunicipal.

5. OS PEDIMENTOS

Etnorituais e ofrendas relixiosas (V)En xeral os devotos ofrécense por si mesmos ou para acadar algunha intercesión paraoutras persoas, que non podían vir ó santuario por algunha doenza. O Santo Anxo recibe unha devoción, que está moi ligada cos meniños. Polo tanto, non resulta estraño ver a un bo número de mulleres, que acoden ao santuario cos seus fillos no colo para dar grazas ao Santo polos beneficios concedidos ou para pregar a súa intercesión. En bastantes casos os ofrecidos, sempre que poden, seguen vindo a este recinto sagrado en “acción de gracias”. Tamén hai devotos que veñen a este espazo sagrado por doenzas humanas como queda reflectido nalgúns corpos de cera, que aínda se encontran no santuario, e que representan a seres humanos, total ou parcialmente.
“Aquí era unha tradición que cando nacían os pequenos, desde os primeiros anos os pais sentíanse coa obligación de traer aos fillos aquí ao Santo Anxo, e hoxe hai xente maior que segue acudindo cos fillos, cos netos e mantén a tradición”.



6. AS PROMESAS OFRECIDAS AO SANTO.

A unidade básica de relación entre o devoto e a imaxe sagrada para resolver unha serie de problemas é a promesa. Esta consiste normalmente nun contacto directo e sagrado de forza moral entre a persoa e Deus por medio de Cristo ou dunha serie de mediadores como son as diferentes advocacións da Virxe e os santos. “Para chegar con máis seguridade a ese Deus, non sempre persoal, o galego bota man dos santos e da Virxe...”. Sen embargo o santo non sempre é como o define a Igrexa, xa que non é un intermediario ante Deus, senón que ten un poder primario. “O Santo pode ser un ente con poder que lle son propios”. A promesa á entidade sagrada e dun xeito claro o sistema social vixente no que alguén fai algo a cambio dunha posterior axuda cando chegue o momento axeitado. “El intercambio de dones entre una persona y un ser sagrado es algo universal y fuertemente vinculante”. Neste santuario podemos distinguir tres modelos de relación entre os devotos e as imaxes de devoción:
1º. A promesa xeralmente é condicional, é dicir, a imaxe de devoción concede a petición ó devoto e logo este leva a cabo a promesa; trátase dun cumprimento “a posteriori”. Este tipo de promesa recibe os nomes de “Ofrenda condicionada” e “Petición Condicional”.
2º. Algúns devotos veñen pregar a mediación da imaxe de devoción ante un problema determinado, executando unha serie de rituais e ofrendas. Neste caso os diferentes rituais e ofrendas, que os devotos cumpren, teñen lugar antes de que lles sexa concedida a petición. Este tipo de promesa recibe os nomes de “Ofrenda propiciatoria” e “Devoción Peticionaria”.
3º. Finalmente hai devotos, que acoden tódolos anos por algunha rogativa concedida pola imaxe de devoción noutrora. A este tipo de promesa dáselle tamén o nome de “Ofrenda de acción de gracias”.
As promesas máis frecuentes, que se realizan neste santuario están relacionadas con diferentes rituais e ofrendas.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES