Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A navalla de Manuel María en 2014

lunes, 08 de septiembre de 2014
Sendo quen foi Manuel María, deixando o legado que deixou e o que representa para Galicia e para o mundo, cómpre que a súa amada NAVALLA vaia repartindo racións de sabedoría e compromiso sobre a idiosincrasia galega baseada na etnografía, na historia, na literatura, na política e na relixiosidade do pobo galego por todo o mundo mundial.
Un patrimonio e una riqueza inmaterial de valor incalculable.

O patrimonio que Galicia foi acumulando ó longo de tempos inmemoriables. É a nosa maior riqueza como país.

Por tales motivos o Alumnado da Uned Senior de Xestoso adscrita á UNED de A Coruña, quere estar presente neste acto en homenaxe ó noso benquerido Profesor de Historia Don FELIPE SENÉN LÓPEZ, quen por outra banda estivo unido con lazos de amistade máxica e relación máis que familiar ó ilustre poeta chairego: Manuel María Fernández Teixeiro.

Fluía e flúe entre eles –e por extensión entre tódolos presentes- unha química profunda baseada no amor á terra e á lingua galegas.

Por eso hoxe é un día grande para todos cantos levamos a Galicia no noso corazón e temos conciencia de que neste xardín de España, florecen persoas con sangue celta e alma loitadora para que o mundo sexa cada día un pouco máis habitable.

As nosas armas son as armas do amor a Galicia e á lingua galega como sinal de identidade do noso país, que por outra banda é para nós a lingua máis fermosa do mundo na que se expresaron tódolos nosos devanceiros desde tempos inmemoriables.
A nosa lingua é a arma utilizada.

A nosa linguaxe é a linguaxe do amor á terra, ás nosas xentes e ó nosos vivir de cada día de tal maneira que amando o noso ata o extremo, tamén sabemos valorar o dos outros, mellorando deste xeito a autoestima de todos. Amor a todos si, pero empezando por nós mesmos.

As nosas armas son as que tocan as fibras máis sensibles do ser humano para loitar pola honradez, pola convivencia, pola paz, polo entendemento entre todos e sobre todo, sobre todo, polo amor ó noso que para nós ten un valor sagrado.
É a mesma nai natureza quen nos inspira:

-A través das súas frondosas fragas, o seu verdor cinguido –como diría Pondal-, que fan de Galicia o xardín de España.
-O fluír das augas dos seus ríos, dos seus regatos, das súas fontes que saen cristalinas das entrañas do granito galego. Son o sangue da terra galega que dá lugar a que nesta terra medren en liberdade tanta avariedade de vexetais que dan alimento a cantos aquí habitamos.
-O rechouchío dos seus paxariños que nos alegran a vida ó abri-lo día.
-A beleza e a utilidade da vaca galega nas súas diferentes variedades que nos se sabe cal é a mellor.
-O oubear do irmán lobo –como dirían os santos Froilán e Francisco- presente na catedral de Lugo e que tamén dá nome á Serra da Loba, tan próxima ó noso vivir de cada día.
-A empanada, o caldo galego e o polbo á feira famosos o o mundo .
-E ¡como non! a lingua de Rosalía, a nosa lingua, a lingua que nos arrolou no colo das nosas nais e dos nosos avós, a nosa cultura e o noso particular xeito de ser que deixan abraiados a todos cantos nos tratan.

Todo esto e moitísimo máis lévanolo explicado maxistralmente o noso Profesor Don Felipe Senén López porque el tamén o leva moi dentro do seu ser interno porque o compartíu co escritor Manuel María e porque hoxe quere compartilo con todos nós.

Por eso a Uned Sénior e no seu nome o seu Coordinador D. Luis Ángel Rodríguez Patiño, quere mostrar o seu agradecemento e a súa presenza neste acto tan entrañable, tan chairego, tan noso porque nós tamén nos sentimos memoria hostórica de finais do segundo milenio e principios do terceiro.

¡E por moitos anos poidamos seguir ó pé do canón para disparar flores de paz e amor entre todos!

A nosa presenza aquí é prenda do noso amor a Manuel María, á súa Fundación, ás persoas que recibiron a súa NAVALLA en anos anteriores, dun xeito especial a Don FELIPE SENÉN LÓPEZ, a quen se lle adica a NAVALLA DE MANUEL MARÍA, este ano 2014 e a todos cantos nos sigan neste labor de loita pacífica pero intensa por Galicia que é punto de encontro de persoas de todo o mundo a través do Camiño de Santiago, peza fundamental na historia da Cristiandade e peza única na historia da Humanidade.

¡Viva Galicia!
Outeiro de Rei, 8 de setembro de 2014


Mercedes Cachaza Platas é Alumna da Uned Sénior, Aula de Paderne (A Coruña).
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES