Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A disfrutar do cambio!

jueves, 04 de septiembre de 2014
¿Qué pasaría se a vida sempre fora igual?
Para min: “un auténtico aburrimento”
¿E para vostede?
¿Qué pasaría se sempre fixéramos o mesmo?

Eu caería na monotonía e chegaría o momento en que non encontraría pracer en facer sempre o mesmo.
¿Qué pasaría se tódolos días foran de festa?
Marcha onte, marcha hoxe, marcha mañá, marca pasado mañá…
O meu corpiño derrumbaríase ó segundo ou terceiro día.
Se vostede resistiría, pode felicitarse pola súa fortaleza.

¿Qué pasaría se non existirá o domingo?
Non teríamos un momento de esparcimento, os crentes non nos encontraríamos na misa, os lugares de ocio non terían sentido…
As diferentes conclusións pódeas sacar calquera das persoas que lean esto. Cadaquén terá as súas.

Do mesmo xeito que a nai natureza ten os seus ciclos de frío-calor, choiva-seca, cumes-vales, terra-mar,…etc.
Os humanos tamén precisamos dos nosos ciclos: traballo-descanso, compañía- soidade, vacacións-vida laboral…

Ben, pois neste mes de setembro a sociedade das nosas latitudes está facendo a mudanza de verán-outono, da vida vacacional-vida laboral, da praia-campo á cidade, vacacións-comezo de curso…
Toda una sucesión de cambios que toca disfrutar.

Cando digo disfrutar, digo DISFRUTAR porque moitas persoas non gozan dese privilexio e séntense víctimas do síndrome post-vacacional.

-Se vostede remata as vacacións e comeza a vida laboral, debe disfrutala ó máximo porque o traballo ademais de ser una maneira digna de gañase a vida, tamén é una maneira de realizarse como persoa, de relacionarse cos compañeiros de fatigas, de colaborar desde o seu posto a que todos disfrutemos dos froitos do seu traballo; do mesmo xeito que vostede desfruta dos froitos do traballo dos outros.

Neso consiste a cadea de producción de bens e servizos tan necesarios para a subsistencia humana.

-Se vostede é una persoa que ten a oportunidade de poder acceder á vida académica ben como docente, ben como alumno/a , vostede ten o pleno dereito e deber de exercer a súa misión de abrir a mente outras persoas ou de abrise camiño para ser unha persoa capacitada para exercer con dignidade a profesión dos seus soños cando remate a preparación.

En calquera dos caso, é vostede una persoa de moito peso na sociedade porque sen o profesorado non sería posible a calidade de vida e sen alumnado…
¿Que faría o profesorado?
Son as dúas caras da moeda do progreso e do benestar que a sociedade necesita.

-Se vostede é unha persoa que estaba disfrutando do campo, da praia ou da vida no medio rural e agora volve ó seu lugar de residencia habitual na cidade, seguro que agradece vivir nesa cidade que tantos servizos le presta …

¡Ten todo tan a man: o supermercado, o médico, o cine, o comercio, os paseos, os lugares de ocio…!
Por estes e outros motivos variados, vostede debe disfrutar e agradecer o feito de poder ter tantos privilexios que outras persoas nunca poderán disfrutar.

-Se é vostede una persoa que resiste mellor as temperaturas suaves e incluso o frío, seguro que agradecerá a brisa do outono no seu rostro. Pero cando chegue o frío invernal … ¡coidadiño coa gripe!

-E se é das que prefiren o calor, seguro que aproveitou todo o que puido para almacenar calorías nos meses de verán, sobre todo se estivo en lugares calurosos. E non se esqueza que o vindeiro verán está á volta da esquia porque o tempo pasa moi rápido, sempre e cando non falte a saúde.

En calquera dos casos nos que vostede se atope, o que está claro é que agosto pasou, setembro chegou e axiña nos mostrará o otono a súa cara vestindo a natureza de multitude de tonalidades ocres que será recreo para todos cantos poidamos gozar delas.

-A infancia estreará roupa e libros e novos; profesorado e amistades novas. Dará vida ás aulas e ós patios dos colexios nas horas de recreo.

O comezo do curso escolar é una revolución necesaria e silenciosa que nos recorda que: “O QUE DE NOVO NON TRABALLA, DE VELLO DURME NA PALLA”

Esto dicíallelo eu ós meus alumnos e facíalles moitas gracia, pero é real como a vida mesma para a inmensa maioría dos humanos
¡Que nos lles falte esforzó e disciplina!
¡Moito esforzo e moita disciplia necesitan as novas xeracións para
saír adiante!
¡Apoiémolos desde a familia ata a sociedade pasa do polo profesorado!

No tocante a educación todos debemos arrima-lo noso ombreiro para construir un relevo xeracional con xeito.

-Os adultos incorporaranse ó seu lugar de traballo para sacar adiante á súa familia. O traballo é a fonte de moitos bens. Algo que moitas persoas botan en falta en época de crise. Espero que vostede non sexa unha delas.

-Os maiores xubilados das ciudades pasearán polos parques e os do medio rural disfrutarán coa vedima, das noces, das castañas, dos migueliños, a recolleita das patacas… e todo tipo de froitos das fragas. Algúns irán ás universidades para seguir aprendendo, outros levarán os netiños ó colexio, outros…

¿Que cambio lle toca facer a vostede?
¿Tardáballe o cambio ou prefería pospoñelo uns días máis?
A min tócame volver ás aulas seniors e a verdade é que me fai moita ilusión porque esta etapa da vida debe ser moi xubilosa, por algo se chama xubilación. Dar carpetazo á vida laboral para segjir enriquecéndonos facendo cousas que nos gusten ou cousas que antes non puidemos facer.¡Todo un pracer!

Para todos se nos presenta una etapa de cambio moi enriquecedora na que poderemos compartir una serie de vivencias que farán que a nosa vida sexa o máis agradable posible.

Volveremos a nosa vida cotiá, compartiremos con amigos, veciños e coñecidos una serie de vivencias que enriquecerán a todos. Daremos e recibiremos bicos, apertas felicitacións de benvida…¡Todo irá moi ben!

Re-encontrarémonos con persoas que fai días que non vemos persoalemente. Enseguida pensaremos nas festas do outono: castañas e noces farán as delicia dos nosos padais.

E a volta da esquina está o nadal cargadiño de dóces e festas familiares: un lugar para o encontro persoal, familiar e social.
E non sigo porque as cousas boas da vida hai que saborealas pouco a pouco para disfrutalas a tope.

A tódalas persoas que tivemos a sorte de poder disfrutar dunhas vacacións e agora emprendemos un novo curso, para todos o mellor dos desexos para que a vida nos resulte agradable na compañía das persoas que nos toca convivir no día a día.
Atrás quedan as vacacións de verán; una nova etapa chea de promesas se nos presenta.

¡Benvidos ó fogar!
¡Que sorte ter un fogar!
¡FOGAR, DÓCE FOGAR!
Este será o título do vindeiro artigo.

Espero que vostede disfrute do seu e eu do meu, por moitos anos con calidade de vida.
Graciñas por estar aí.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES