Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Letras sempre

miércoles, 27 de agosto de 2014
Nestes días Xermolos segue a compartir con toda Galiza a súa experiencia afortunada de poder festexar con todas as comarcas a fortuna de descubrir e coñecer mellor ao cantor das Terras de Parga. Mesmo este sábado o pregoeiro do Festival de Moeche celebrou a relación de Díaz Castro co Festival de Pardiñas. Foi unha experiencia rexa porque sentimos como as nosas e os nosos escritores axudan a valorar a paisaxe, o patrimonio, a fala, o que é noso...

Reducir os nosos monumentos literarios á Festa das Nosas Letras é empobrecer a nosa cultura oral e escrita. No verán non cesan as visitas á Casa das Palabras para acariciar o patrimonio de Díaz Castro, e tamén á exposición de fotos dos espazos máxicos do poeta, a través das mozas e mozos do Ies de Guitiriz, coordinad@s por Vari Caramés, que está aberta neste mes na Casa das Artes de Pardiñas, como unha das actividades dedicadas ó que foi un dos pregoeiros do Festival de Pardiñas. Pero esta estela non esmorece. e o colexio de Sobrado vai escomenzar o curso cunha actividade dedicada a Díaz Castro, e a Asociación Roxín-Roxal de Paderne andará o derradeiro domingo de setembro os camiños de Dìaz Castro, e catro días despois proxectarase en Vilagarcía de Arousa o filme “O instante eterno” de Xosé Antón Cascudo e unha conferencia do coordinador de Xermolos.

A Luz de Díaz Castro alumea cada vez máis, ata tal punto que Xermolos séntese na obriga de achegar a súa experiencia do Ano das Letras a todas as comarcas, porque non podemos estar agardando que a Academia Galega sinale este ou aquela autora, témolos ó pé da casa, igoal que valoramos os nosos castros, mámoas, árbores senlleiras, igrexas, etc.

O sábado 6, imos principiar, comarca a comarca, a andadura de “Letras sempre”, de Díaz Castro a Manuel María, atravesando todas as rexións do país. O berro de saída vai ser no Festival de Poesía en Salvaterra de Miño, cun recital de A Quenlla sobre os versos destes dous autores, e o remate sen afastarnos do Pai máis fecundo de Galiza, vai ser un ano despois, o 12 de setembro, cadrando coa Romaxe de Crentes Galegos nas Penas de Rodas de Outeiro de Rei, e así dende Irimia á Garda mareira, imos renovarrnos co limo da agra literaria que se multiplica en centos de parcelas cada volta máis vizosas.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES