Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Festas en devala

viernes, 22 de agosto de 2014
Cando eu andaba estreando, ufano, as primeiras dúas décadas, a Feira do Viño do Ribeiro era un auténtico acontecemento festivo que convocaba a máis de media Galicia da miña idade, constituíndo ampla maioría o sector procedente de Vigo, que "vivaqueaba" ó chou polas hortas e rousíos da periferia da vila durante máis dunha semana.

Un ano daqueles, un amigo que botara moza alá e máis eu fixemos "dedo" ata Ourense e logo de Ourense a Ribadavia. El, para visitar á moza en xornada tan xoldreira e eu para acompañalo e pasalo ben, que para iso iamos ás festas.

Andivemos entre o balbordo polas tabernas do barrio xudío, que daquela aínda non entrara na "istoria", facendo o que facían os demais, é dicir, divertírmonos o mellor que sabiamos. Así ata que á altura das tres da mañá, atopámonos no medio da nada vehiculizada máis absoluta e vímonos e desexámonos para dar cuns veciños dunha aldea de Celanova, ben maiores ca nós, que nos meteron no asento de atrás coma quen mete a dous cans perdidos nunha batida de caza.

O asunto chegou a tomar tintes certamente dramáticos porque eu tiña viaxe contratada para Gijón -que era onde estudaba- para o outro día pola mañá. Debemos chegar a Celanova alá polas cinco e cando ó día seguinte montei no tren non durmín dende Ourense ata Gijón porque había que facer transbordo en León.

Repito, aquela Feira do Viño era, máis ca unha festa, unha auténtica desfeita, que chegou a xerar un fondo debate político e social na vila porque o Concello de Ribadavia chegou a gastar case máis na limpeza do pobo ca na propia organización da festa (supoño que haberá moita xente que non me deixa mentir). E tan foi así, que acabaron pisando o freo, deixando de organizala un tempo e reciclando os seus contidos para volver ser o que realmente era, unha feira.

Lembrei hoxe esta anécdota persoal e este lapsus da Feira do Viño dos anos 80, logo de ler que en Vilagarcía os servizos médicos xa deron a voz de alerta sobre os graves problemas de alcohol que se están a suceder en cada edición da Festa da Auga (que tamén ten coña!) e que o que antes era unha romaría familiar con paseo en barca polo río -é dicir, os Caneiros de Betanzos- é agora unha bacanal con batallas campais incluídas.

E lembreino tamén despois de ter sido testemuña presencial da devala da Ramallosa de Celanova, que xa tivo precedentes nas causas que aconsellaron botarlle o candado ó Folión Castrexo. Lembrei todo isto e penso en se as administracións non estarán mirando hipocritamente cara outro lado ata que, coma sempre, a "cousa" xa non teña remedio.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES