Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A caracola de Cela

lunes, 18 de agosto de 2014
Entre os anos 1906 a 1908 en que foi trasladado a Carril, na ría de Arousa, residíu en Foz, no cargo de Administrador de Aduanas Camilo Cela, escritor e xornalista, pai do Nóbel de Literatura Camilo José. A estadía daquél na vila focega coincidiu coa de outros dous intelectuais: o mindoniense Antón Noriega Varela, eximio poeta, mestre na Escola de Fondós e o viveirés Antón Vilar Ponte, boticario, escritor e xornalista; político cuxos anceios nacionalistas agromaran en Foz, según propia confesión, e que anos mais tarde, co seu irmán Ramón, foron os principais impulsores das históricas Irmandades da Fala.

Da convivencia entre os tres homes de letras xurdeu a publicación do que foi o primeiro xornal editado en Foz: “¡Guau,,Guau!” polo que Camilo José Cela, o fillo, interesouse alá polos anos sesenta e do que, que saibamos, só existía unha colección, incompleta. O autor de “La familia de Pascual Duarte”, “La Colmena”, “Mazurca para dos muertos”, “Del Miño al Bidasoa” e outras famosas novelas, dirixíuse ó propietario da mesma ofrecéndolle por ela as súas obras completas, adicadas. Non houbo acordo e o trato non se consumou. Tempo mais tarde e dende a Peña O Lar, remesouse ó escritor de Iria Flavia, entón residente en Palma de Mallorca, fotocopiada, a colección completa do”¡Guau, Guau!”. O literato acusou recibo da mesma cunhas verbas autógrafas de agradecemento.

Hai uns anos a Asociación Cultural A Pomba do Arco tivo a feliz iniciativa de editar o facsimel do xornal, que a poboación apenas coñecía, facilitando o acceso ó mesmo e hoxe figura nos fogares focegos co aprecio do que o seu valor histórico e cultural, e mesmo sentimental, é merecente.

Daniel Hortas, xornalista e escritor, inesquecible amigo, no libro “Y luego Lugo…¿qué?” relata que en xuntanza de galegos en Madrid á que él asistía, o Premio Nobel contou que o único recordo material que conservaba do seu pai, era unha caracola mariña engarzada nun aro de ouro, a través da cal podía escoitarse o bruar do mar de Foz.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES