Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Construíndo o relevo xeracional

jueves, 14 de agosto de 2014
A primeira vez na miña vida que oín pronuncciar a palabra “RELEVO” foi fai moitísimos anos cando na Galicia rural se levaban os defuntos ó cemiterio a ombreiros de varios homes que –como era lóxico- cansaban e pedían o “relevo”- para alviar un pouco.

O relevo do que vou tratar hoxe ten algo que ver co “pasamento” ó que todos estamos chamados un día ou outro.

Pero non se asuste que aínda queda moito futuro por recorrer e moitos retos que superar, porque vostede -igual que min- somos neste momento suxeitos activos na construcción dese relevo xeracional.

Vostede e máis eu pertencemos a esta magnífica e complexa xeración chea de retos e cargada de dificultades na entrada do terceiro milenio.

A min paréceme que tódolos tempos teñen as súas dificutades, aínda que sexan diferentes, pero se outros foron capaces de superarse, nós non imos ser menos.

En calquera caso: A LEI DO ESFORZO É A NORMA XERAL.
¿Ou non?
Grazas a ese esforzo, nos últimos tempos producíuse unha mellora importante.

Por moito que se diga, o mundo está moito mellor hoxe en día que fai cincuenta anos. Non só vivimos mellor, se non que vivimos máis anos.

Eso confírmano as estadísticas e experimentámolo cada un en carne propia.

Só temos que botar una ollada a como vivían os nosos avós e como vivimos nós.
¡Nin punto de comparación!
¿Verdade?

Pero aínda así, un mundo mellor baseado nunha educación en valores é necesario para darle ó relevo xeracional o pulo que se merece.

Vostede –que é una persoa moi traballadora e está super ocupada-preguntarase:
¿Como podemos facer se andamos escasos de tempo?
Escasos de tempo pode que si en certos casos pero é cuestión de ter unhas prioridades moi claras:

Cónstame que hai moitas familias moi ocupadas na vida laboral, pero que sacan tempo de onde sexa para que á infancia non lle falte tempo, dedicación, disciplina e moito cariño.

Invertir en educación en valores no colectivo que nos relevará, será una empresa de máxima importancia para o relevo xeraccional e para todos nós.

¿Estarei equivocada?
A min dóeme a alma cando penso:
¿Qué pasa con esas criaturas que parece que están en terra de nadie cando un pai vai por aquí, outro por alí e outro por non sei donde e elas dá a impresión que andan á deriva?
¿Onde está esa educación en valores?
¿É eso o que queremos para o relevo xeracional?
¿É culpabe ou víctima a infancia?
Vostede ten a resposta adecuada.

¿Teriamos que recapacitar e reaccionar as persoas que neste momento pertencemos ó colectivo adulto?
¿Qué tipo de relevo xeraciónal estamos creando?
Eu estou convencida de que a moitos iríanos ben facer un exame de conciencia coa cabeza ben fría e dedicar algún tempo a pensar algo así:
¿Qué herdanza lle estou deixando eu á xente nova?
¿Que exemplo de vida lle dou?
E incluso se penso egoistamente, podo preguntarme:
¿Qué factura me pode pasar a xeración do relevo?

Para que todo saia ben, cómpre que á xente nova non lle falten medios para recibir una formación integral. E cando se di integral, dise INTEGRAL porque a veces quedámonos a media tintas pensando tan só no material.

Nestes tempos, estámolo comprobando: temos máis cousas que nunca e a veces sentímonos valeiros por dentro.
¿Certo?
Xoves e adultos, adultos e xoves son as dúas pezas fundamentais na construcción dun relevo xeracional necesitado de moi bos exemplos.

Seguramente que vostede sabe por experiencia o que supón ser exemplar, porque vostede é una desas persoas.

Vostede seguro que é un piar fundamental como referente para os que veñen detrás, e eles saberán agradecerllo, porque do que se sementa, eso mesmo se recolle.

Se todos tomamos conciencia da importancia deste feito, podemos e debemos deixar á xente nova coa cabeza ben amoblada para emprende-los retos que lles presenta o terceiro milenio.

Con moito esforzo e moi boa vontade:
“MALO SERÁ” –como dicimos os galegos.

Grazas a moitas persoas como vostede, esto será posble.
Graciñas po todo canto de bo aporta á vindeira xeración.
O próximo artigo titulareino: “PORTAS ABERTAS”
Grazas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES