Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

En bicicleta

miércoles, 13 de agosto de 2014
Estoume convertido nun maniático das bicicletas, recoñézoo, pero coido que teño razóns abondas para temelas polas beirarrúas e zonas peatonais por razóns de idade e acompañamento de nenos pequenos.

Que, repito, nada ten que ver coas persoas que utilizan con xeito e sentidiño estes artiluxios, que poden andar por onde queiran porque se comportan normalmente, con civilidade, e de acordo coas circunstancias. A miña teima vai contra os que abusan da súa condición de usuarios de artiluxio mecánico e avasallan, ocupan, ameazan, impoñen a súa presencia sobre calquera persoa ou circunstancia que tamén ten dereito a circular normal e sosegadamente.

O último exemplo – extraño, inusual, recoñézoo- é o dun ciclista que unha mañá de hai días, subía pola rúa lucense Lamas de Prado –por entre maiores e nenos que iamos cara ao colexio Menéndez Pelayo e a Gardería inmediata- patrullando unha bici cunha man mentras coa outra tecleada con fruición no seu teléfono móvil, naturalmente sen mirar para nada máis que para a pantalliña.

Eu, que levaba unha nena pequena de cada man, non puiden menos que botarlle un berro: ¡Polo menos mira para adiante, hom!, que o fixo reaccionar e seguir o seu camiño sen o máis mínimo xesto de disculpa.

E logo Tráfico extráñase de que un conductor fose lendo un libro mentras conducía... A todo hai quen gane, polo que se ve.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES