Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sobre cantamañás e quedabén

miércoles, 06 de agosto de 2014
¿Algunha vez mantiveron vostedes unha conversa cun interlocutor cuxo estilo charlatán lles obrigou a converterse en meros receptores de información que se limitaban a asentir con monisílabos ante o asedio verbal ó que estaban a ser sometidos? Se a súa resposta é afirmativa pode que sufrisen vostedes as consecuencias de cruzarse no seu camiño cun “cantamañás”. Sen dúbida son numerosas as características que definen a estes curiosos personaxes que de cando en vez fan a súa aparición nas nosas vidas resultando inevitable detectar a súa presenza.

Un dos rasgos máis definitorios deste singular grupo de persoas é a incapacidade para saber escoitar de forma activa, debido quizais a carecer da humildade suficiente para comprender que o discurso das outras persoas pode ser tan interesante ou máis que o seu propio. O certo é que o que considera que a súa vida, as súas experiencias e os seus coñecementos son superiores ós das persoas que o rodean dificilmente atopará interesante molestarse en coñecer as vulgares experiencias que o resto dos humanos lles poidamos aportar. Ademais desta notable incapacidade para escoitar o cantamañás soe destacar tamén por pretender dar unha imaxe que para nada se corresponde coa realidade, senón que máis ben se trata dunha idealización da mesma, unha proxección de cara á galería do que lles gustaría ser (este é un fenómeno moi empregado en política, especialmente en tempos de campaña electoral). Deste xeito, este grupo de persoas soe poñer todo o seu empeño en persuadirnos de que a súa vida é practicamente perfecta, presumindo coa indiscreción que lles caracteriza de ter unha parella perfecta, o traballo máis envidiable ou as vacacións máis ideais.

Todas estas maniobras soen restarlles naturalidade ó tempo que poñen en entredito a súa intelixencia.

Por outra banda o fenómeno dos cantamañás garda estreita relación con outro non menos frecuente como é o dos “quedabén”. Estes peculiares elementos caracterízanse por estar apegados ó recoñecemento social, o que, ó meu parecer, está reñido cunha personalidade estable e unha autoestima sana. Todas cedemos de cando en vez ante esta presión e rematamos por dicir o que os demais agardan que digamos. Sen embargo os quedabén levan esta tendencia natural ó extremo mostrándose obsesionados con agradar a todo aquel que se cruce no seu camiño, aínda que isto supoña ter que defender o indefendible. Así, coma se de verdadeiros discípulos de Gorgias se tratase, os quedabén fan uso da retórica máis banal para apoiar posturas totalmente incompatibles con tal de agradar ós defensores das mesmas.

Parece obvio que o maior inimigo destas persoas é a sinceridade, polo que se alguén se comporta diante deles de forma auténtica, dicindo o que realmente pensa independentemente de quen sexa o interlocutor os quedabén sofren un bloqueo ó decatarse de que non todo o mundo está disposto a participar do seu teatro. Cre o ladrón que todos son da súa condición. Nada máis lonxe da realidade.
Riera, Martiño
Riera, Martiño


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES