Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Alexa non nos vale

lunes, 02 de enero de 2006
No difícil camiño de Internet, Galicia Dixital ten elixido a claridade, e cando hai que falar de cifras utiliza as que os seus contadores expresan, sexan ou non satisfactorias.

Polo que ó último mes se refire, decembro de 2005, os nosos contadores indican que recibimos na nosa Plataforma en internet un total de 201.266 visitas, cun total de 884.116 páxinas vistas, o que supón un promedio diario de 6.482 visitas. A cifra é algo menor que o promedio de novembro -6888- sen dúbida polas festividades, pontes e vacacións que en decembro proliferan.

A evolución de visitas foi sumamente favorable nos últimos tempos, xa que en igual mes de 2003, o número foi de 2.080, e de 2004 de 3.650.

Se houbese un sistema de seguimento fiable por parte dalgún organismo oficial ou institucional, poderíamos dispoñer de estatísticas avaladas por alguén serio, pero non existe este organismo.

A escala internacional existe o portal ALEXA, que se adica a controlar os accesos ós portais de todo o mundo e establecer unha lista internacional ou número de orden para clasificar tódolos portais existentes en Internet.

Ó ser Alexa o único Portal que se adica a estes cometidos, ven ser para moitos unha "palabra de Deus" laica; unha verdade absoluta neste mundo alegal que demos en chamar Internet.

Tanto é así que publicacións serias como "Codigocero", en base a estas estimacións, veñen publicando a lista das "Cen webs galegas máis populares segundo Alexa". Pero Alexa non vale.

É difícil constatar esto, porque cada quen manexa as súas cifras con maior ou menor exactitude. E se ben sabemos as nosas, é imposible constatar as de outros Portais.

Hai moitos meses, estabamos arredor do posto 260.000 do mundo, segundo Alexa. Neste momento estamos no 324.968, e levamos así bastante tempo. Alexa, inamovible.

E, sen embargo, durante o ano 2005, o promedio de visitas foi subindo: 4.052 (xaneiro), 5.047 (febreiro), 4.982 (marzo), 5.695 (abril), 5.387 (maio), 5.128 (xuño), 5.157 (xullo), 4.740 (agosto), 6.027 (outubro), 6.888 (novembro) e 6.482 (decembro). Para Alexa non fixemos máis ca baixar.

E, de repente, vemos a constatación clarísima de que Alexa non é xusta connosco, por ignorancia ou mala fe, cando comprobamos que a Universidade de Vigo publica o seu promedio de visitas do último ano na súa páxina web. Promedio que, por exemplo, no mes de decembro é de 6.825 diarias, o que lle debería dar na clasificación de Alexa un nivel parecido ó noso (6.482), pero mentras nós temos o número 324.968 da escala mundial, www.uvigo.es - páxina da Universidade viguesa para os seus centros de
Pontevedra, Ourense e Vigo, ten o posto 52.034.

E se vamos a Código Cero, para ver como aparecemos, resulta que estabamos no posto 83 dos portais de Galicia e pasamos ó 93, baixando, xa que en outubro estabamos no 269.936 e en 25/11, últimos datos recollidos na web, chegamos ó 329.313. En tanto, a Universidade de Vigo, figuraba no número 24 e pasou ó 22, subindo xa que en outubro estaba no 56.484 e en novembro no 52.824.

Os nosos compañeiros na Rede cúranse en saúde indicando que "O sistema empregado para tal puntuación ríxese polas visitas que reciben as webs desde o Google, acadándose resultados diferentes se consultamos a popularidade noutros buscadores".

¿Vale para algo Alexa?. Para nós, non. E temos probas. Bo é que Internet sexa libre para que todos poidamos exercitar esta liberdade de expresión con amplitude mundial. Mágoa que esta liberdade non estea matizada con regulamentos estrictos que impidan agresións coma esta.

E por se acaso Alexa/U.S.A. estivese moi lonxe, como os buscadores fan milagros, agora poñemos varias veces o seu nome - Alexa, Alexa, Alexa, Alexa...- para que o atopen e se enteren.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES