Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Etnorituais e ofrendas relixiosas (I)

jueves, 14 de agosto de 2014
ETNORITUAIS E OFRENDAS RELIXIOSAS A NIVEL POPULAR EN DÚAS COMUNIDADES DO CORGO (LUGO): ANSEÁN E CASTRILLÓN.

Artigos publicados na Revista Corga, números 3 y 4. Asociación Arumes. Corgo. Lugo. Anos 2012 e 2013.


I. ALGÚNS DATOS SOBRE O CONCELLO DE “O CORGO”.
O concello do Corgo, cunha extensión de 157 km2, está situado no centro da provincia de Lugo, formando parte da comarca de Lugo. A capital municipal dista 14 km., da cidade de Lugo. Segundo o Padrón municipal do 2010 o concello tiña 3938 habitantes distribuídos en 173 entidades de poboación pertencentes a 38 parroquias. Malia que na primeira década deste século maniféstase un leve crecemento da poboación debido ao retorno de emigrantes e da nova poboación asentada, procedente da cidade de Lugo, a pirámide de poboación do Corgo reflicte un claro avellentamento demográfico con taxas de natalidade moi inferiores ás de mortalidade.
Etnorituais e ofrendas relixiosas (I)
A súa paisaxe correspondese cunha ampla superficie de erosión ou penechaira situada a uns 400-500 metros de natureza rochosa granítica, con sectores xistosos e chairas aluviais ao longo dos ríos, constituídas por sedimentos arxilosos. Isto posibilitou que se puidesen construir longas rectas nas estradas desta zona: A nacional VI (Madrid-A Coruña), a estrada de Ourense (C-546), e a autovía do Noroeste. Estas xunto coa vía ferroviaria constituen as principias vías de comunicación, que comunican este concello co exterior.
Este municipio posúe un clima oceánico continental, o que da lugar a que os invernos sexan fríos e os veráns frescos. Desde o punto de vista económico o concello baséase no sector primario cunha agricultura ligada á gandería, debido ao tradicional predominio das pequenas explotacións familiares de carácter mixto. Na producción gandeira destaca dun xeito especial o gando bovino, proiectado de cara a venda de leite, e logo o porcino, que se atopa en case todas as explotacións agrarias como un complemento económico. O sector secundario é pouco importante e só convén destacar a presenza de fábricas transformadoras da madeira. Finalmente o sector terciario conta cunha relevante implantación de actividades de índole comercial de hostalaría nos arredores da nacional VI, así como o subsector dos transportes.

II. ALGÚNS TRAZOS SOBRE O CONCEPTO DE PIEDADE POPULAR.
A devoción de cada pobo, como todo fenómeno vivo, ten os seus trazos, Etnorituais e ofrendas relixiosas (I)xa que cada comunidade ten unha óptica propia de vivir a fe e de proiectala aos demais grupos humanos para que a coñezan. Polo tanto, e popular o que o pobo crea. Tamén o que recibe, asimila e fai propio.
Polo tanto, a relixión de cada grupo humano é unha especie de colección viva de cantos, ritos, vivencias, que un pobo vai reunindo ao longo da súa historia.
Por outra banda o fenómeno relixioso popular tenta buscar co divino unhas relacións máis simples, directas e rentables. Isto fai posible que a devoción popular estea en contacto coa plástica simbólica en contraposición ao abstracto. “…la religiosidad popular comporta con frecuencia una reacción anti-intelectualistea, y a su vez la creación de otros lenguajes más cercanos a su mundo y su mentalidad”. Ademais as expresións relixioso-populares son a manifestación da emotividade persoal e responden ao desexo e á necesidade da intimidade coa entidade sagrada. Finalmente os devotos nas súas relacións co sagrado tamén adoptan unha postura pragmática de tal xeito que a petición dunha serie de rogacións segue sendo unha característica básica de relixiosidade popular. “Reliquias, medallas, aguas sagradas, imágenes de devoción, tienen como fin atraer el poder divino y ponerlo a favor del creyente”.
Un dos espacios sagrados onde se proiecta a piedade popular é no santuario. Este é un lugar de culto representado por unha ermida, capela ou igrexa parroquial ao que acoden devotos de diferentes comunidades, algúns para pregar á divindade a concesión dunha serie de pedimentos de base material -recuperar a saúde, boas colleitas, doenzas de animais, etc...- ou espiritual, e outros para levar a cabo as promesas ofrecidas, logo de que a divindade lles outorgase as rogativas requeridas.
“Los santuarios son percibidos como espacios sagrados, de los cuales irradia la salud material o espiritual…”. “ El santuario es el punto de referencia o término al que los romeros dirigen sus aspiraciones físicas y espirituales”. Nos santuarios se veneran distintas advocacións de Xesús, da Virxen, e diferentes imaxes de santos, que actúan como mediadores ou intercesores diante de Deus. “Os focos de sacralidade dun santuario son as reliquias e as imaxes de Deus, a Virxe e os santos”.


Autor do mapa: José Cancio Fernández
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES