Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha adolescente exprésase así

jueves, 31 de julio de 2014
“Vemos un mundo inmenso arredor de nós e un futuro que nos está atrapando”

Unha rapariga ó remata-la ESO e ter que despedirse das persoas que a acompañaron nesta etapa da vida, dáse conta de que está nun momento crítico porque tódolos recordos se están quedando atrás e pouco a pouco, cada un terá que segui-lo seu camiño porque sente que o futuro a está atrapando.

Gústame a xente nova que pensa, que sabe onde se atopa e o que lle espera. Aínda que mire ó pasado con nostalxia; ó mesmo tempo dase conta que todo esto pasará e terá que enfrontarse ó que lle espera: un mundo inmenso, cheo de oportunidades que hai que descubrir porque o futuro está á volta da esquina.

Persoas xoves con visión de futuro é o tipo de persoas que máis precisa o noso país. Persoas que teñen claro que lles espera un futuro moi prometedor que hai que conquistar día a día.
Persoas con amplitude de miras que non se queren quedar no foxo da vida, que saben que para conseguir un futuro prometedor hai que loitar duro no presente e ver como o pasado vai quedando atrás cunha morea de obstáculos superados.

O que hoxe foi importante, mañá quedará en segundo plano porque día a día irán aparecendo novos retos a conquistar. Ter a mirada postra no futuro é un gran alicinente que nos motiva día a día.

Pero:
¿Cantos adolescentes teñen estas ideas claras?
Eu coñezo algúns e vostede seguro que tamén; pero hai outros moitos que…están moi equivocados ¿Certo?

¿Qué din os informes europeos do nivel académico dos xoves españois?

¿Ata onde chegamos con eso de que non se pode esixir tanto ós estudiantes porque no vaia ser que se traumaticen?

Ben, pois penso que chegou o momento de reconducir esta situación se non queremos quedarnos na cola de Europa e do mundo civilizado.

Toda persoa –teña a idade que teña- debe sentirse motivada por loitar por un futuro no que aínda nos quedan moitas cousas por aprender. Din alí que: “está a vella morrendo e está aprendendo”. Se cansan as ansias por aprender…

¿Qué futuro nos espera?

Coñezo moitas persoas ilusionadas con proxectos de futuro:
-Persoas xoves que teñen a ilusión posta nos seus soños e loitan cando poden por conseguilos. Son rapaces e rapazas como a que me deu pé para facer este comentario.
-Persoas adultas que tiveron mala sorte e empezan de novo e de cero en moitas ocasións, pero sempre cos ánimos ben altos e a mirada posta nun futuro esperanzador. Son persoas que sempre confiaron na esperanza e esa é para elas a súa táboa de salvación. Por eso nunca baixan a garda. Son daquelas persoas que pensan que: “Non hai ben que por mal non veña” .
Outras din: “Se me pasa esto, por algo será, terei que aprender a vivir doutra maneira”.
-Persoas tamén de certa idade, que xa pasan moito dos setenta que aínda teñen ganas de aprender e van á universidade cun entusiasmo envidiable. Entréganse en corpo e alma ós estudios e son felices desa maneira. Enriquecéndose e sementando sabedoría co seu modo de ser e de proceder. Todo un bo exemplo para a xuventude.
¡Quen ben!
¿Verdade?
-Persoas maiores e cando digo maiores, refírome a persoas que sobrepasan os oitenta e que teñen una mentalidade xove e xovial cun ritmo de vida tan activo como as súas circunstancias persoais llelo permiten que non teñen medo a nada: viaxan, van á praia, levan una vida social que xa quixeran outras… Son persoas que viven a vida a tope ata o derradeiro día. Se teñen que levar bastón, lévano; se teñen que levar o que sexa, lévano e non lles importa absolutamente nada o que digan nin pensen os outros delas sencillamente están aproveitando os cartuchos que lles quedan da mellor maneira posible. Xa chegará tempo que haberá que parar definitivamente.
-Persoas cargadas de enfermedades que loitan con tódalas súas forzas por sacar as enerxías que aínda lles quedan e fan todo o que poden aínda cando se atopan nunha silla de rodas e desde o seu trono irradian alegría e sabedoría a través da súa afable conversación e tamén mediante os medios de comnicación a través das redes sociais.

Todas estas persoas ven futuro na súas vidas, viven o día a día nun presente continuo. Son persoas que teñen máis ou menos os mesmos problemas que o común dos humanos, pero o que cambia é a actitude que teñen ante a vida.

Desde a de menor á de maior idade son persoas cheas de ilusión e de ganas de vivir cunha mentalidade aberta a todo canto de bo les presenta a vida.

Son persoas conscientes de que o tempo pasa moi de présa e pensan -con moita razón ó meu entender- que o mellor que se pode facer con el é aproveitalo ó máximo.

¿Qué lle parece a vostede esta maneira de ve-la vida?

A xuventude ve que vai ser atrapada polo futuro e a non tan nova xa leva disfrutado moito dese futuro no que soñan os xoves, pero aínda así mira ó horizonte e sigue mirando de facer todo canto estea ó seu alcance.

Admiro as persoa animadas, as persoas que saben aproveita-lo tempo, as persoas que viven e deixan vivir, as persoas que contribúen a que o mundo sexa algo máis feliz.
Vostede, seguro que é una delas.
Eu tamén quixera ser así.

Fai poucos días una persoa coñecida díxome algo que me deu certas esperanzas:
”Mercedes, ti sempre fuches una persoa de retos”
Non sei exactamente o que entende esa persoa por “retos”, pero en calquera caso para min un reto é un desafío, un afronta-la loita para conseguir aquelo que me quero propoñer.
Outra persoa, vendo o ritmo de vida que levo, díxome:
“Somos o que soñamos” (Entendín que a ela lle gustaban os meus logros e a min tamén me gustan)
¿A vostede nons lle gustan os sus logros?
Estou convencida de que si, e moito.
Ben pois imos seguir soñando con que todo vai saír ben porque neso andamos.
¿Vostede tamén é una persoa de retos?
¿Tamén leva conseguido moitos, moitísimos soños?
Pois …¡ÁNIMO! ¡QUE NUNCA LLE CANSEN AS FORZAS!

Pensa vostede como a adolescente da que falo ó principio, porque ten una mentalidade moi xove cargada de enerxía positiva. ¡Noraboa!
Subindo un escalón cada día podemos chegar moi alto.
¡ÁNIMO!

Graciñas por terme na súa consideración, nesta ocasión.
Moitas grazas. Adiántolle que o artigo do vindeiro xoves –D.M.- titularase:

“HUMILDADE, MODERACIÓN E SENCILLEZ”.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES