Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Feliz 2006

viernes, 30 de diciembre de 2005
Se facemos caso dos nosos gobernantes, todos, remata un ano fabuloso no económico, social e no político. 2005 foi, ó parecer, a culminación de tódalas perfeccións, e 2006 non vai ser peor.

Chegados, renqueantes, ó remate deste ano, temos que anotar que, efectivamente, houbo numerosos motivos de ledicia pero non faltaron outros de descontento. E nin a cousa vai tan mal como di a oposición, nin vai tan ben como din tódolos gobernos. No centro -e non falamos de política- está, como case sempre, o xusto termo.

O 2005 queda atrás cos problemas da pesca ou a inmigración, coas secuelas do Prestige ou o narcotráfico, cos problemas da vivenda mercada ou en aluguer, coa seca, o urbanismo... Con máis de noventa mortos en Galicia por accidentes laborais e case trescentos nas estradas.

Polo demáis, Galicia vai ben... O último que sabemos desto é que Caixanova, nos once primeiros meses de 2005, gañou o 18,4% que en igual periodo do ano anterior.

Chegados ó remate do ano, coidamos se-lo momento dun mínimo balance, e facer constar que Galicia Dixital viviu en 2005 un ano de expansión. É o noso quinto ano de existencia, de traballo cotián na percura de ser cada día máis útiles a Galicia e os galegos. Cinco anos -e os que veñan- facendo cada vez máis grande, cada vez máis válido e asequible, o conxunto de contidos que alimenta a nosa alma e a nosa razón de ser.

Este é o momento de dar as grazas a todo o mundo galego de internet. Gracias por ternos en conta, por estar connosco, por entrar en calquera anaco de Galicia Dixital, e verse nel reflictido.

Gracias porque, cinco anos despois de comezar a nosa difícil aventura, internauta a internauta, chegamos á cifra, que nos parece ben fermosa, de máis de 8.000 persoas que cada día consultan as nosas páxinas en Internet.

Por eso, sabendo que 2005 non foi mal ano nin para Galicia nin para Galicia Dixital, hai que desexar para todos e para nós, que 2006 sexa un ano que -como mínimo- se pareza a este que agora remata.

Pero sabendo que todo é mellorable, e querendo para todos o que para nós queremos, a tódolos habitantes deste novo mundo chamado Internet desexamos un !Moi feliz 2006!
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES