Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ensalmos e rituais etnomédicos (VI)

jueves, 31 de julio de 2014
II. DOENZA DAS LOMBRIGAS

As lombrigas son gusanos coñecidos científicamente co nome de “Ascaris lumbricoides” Son moi semellantes ás lombrigas de terra, de cor branquecino, afiado por ámbolos dosus extremos. Teñen como morada no noso organismo o intestino delgado producindo, entre outros transtornos, cólicos e diarreas. Afecta de un xeito preferente aos cativos.
"Las lombrices son unos gusanos de forma redonda que pueden medir desde unos pocos milímetros hasta un metro de longitud. Los hay de varios tipos, pero los más habituales son los oxiuros (Enterobius vermicularis), unos gusanos de color blanco de hasta un centímetro de longitud. Afectan principalmente a los niños. Viven en la parte baja del intestino grueso y los gusanos hembras, que parecen hilos blancos, salen por la noche a depositar sus huevos microscópicos alrededor del ano, causando así picor e irritación".
Os nomes máis usuais da enfermidade eran os de bichas, bichillas, lombrigas e lombrices.
As causas da súa aparición son variadas.
Nalgúns lugares de Galicia sosteñen que estas aparecen segundo as fases da lúa. Noutros que xa nacemos con elas no corpo, sendo algo consustancial con nós mesmos, como un órgano máis.
Las causas fundamentales que producen la infección son la ingestión de agua o de alimen-tos contaminados, y el contacto con las larvas, que pueden penetrar a través de la piel.
En canto as connotacións simbólicas das lombrigas identifícanse co verme.
Débese a su frecuente carácter subterráneo, a su inferioridad, a su relación con la muerte y con los estadios de disolución o primariedad biológica. Así es muerte relativa lo que simboliza, pues, en el fondo -como la serpiente- es un exponente de la energía reptante y a nudada.
O verme, como a serpe que é o principio do mal, está vencellado coas forzas negativas que entran no corpo humano e o corrompen ata lévalo a morte.
¿Mais como entra este mal no corpo? Polos buratos que posúe. Estes propician que o individuo entre nun estado permanente de doenza.
"Tener agujeros abiertos en el cuerpo ha sido siempre considerado como una eventualidad peligrosa, como un accidente temible que pone en cuestión la integridad y el equilibrio de la persona y al que se debe poner remedio material y simbólico".
Os remedios para sandar esta doenza, poden ser por medio de sustancias naturais ou recursos máxicos baseados en ensalmos e ritos, que presentan unha forte connotación popular.
Os remedios para elas inclúen elementos naturais que as expulsan do estómago, coma o limón ou o allo, aceite, ruda, amenta, unto... Tamén se estende borralla sobre a barriga que despois se corta cun coitelo ó mesmo tempo que se recita o ensalmo.

Ensalmos e rituais etnomédicos (VI)Trapero Pardo fai referencia á copia dun impreso do século XVIII, que está encabezado por unha cruz. Nos seus ángulos figuran pequenas estrelas e os seus brazos están franqueados por uns rústicos anxos, que amosan unha actitúde de voar alongando un brazo de cara a cruz. Ó redor da parte inferior da cruz figura a fórmula de exorcismo, que comeza co habitual “Christus vivit, Christus regnat, Christus imperat”, afastando cada palabra coa cruz indicadora do que leía a fórmula, que tiña que realizar coa súa man unha cruz en forma de bendición.
Nesa primeira fórmula en latín, como as demais, se ordena aos demos para que abandonen á persoa na que están introducidos así como todo lugar e casa que houbesen ocupado.
As oracións que seguen son máis concretas, xa que fan alusión ás lombrigas, ás que se ordena “que no nome de Xesús Nazareno, vosoutras, lómbrigas, convertidas en auga, marchedes deste corpo” .
Logo, levábase a cabo a bendición sobre a persoa doente e pronunciábanse as seguintes palabras: “Pola sinal da Santa Cruz, faite sana, creatura de Deus, de toda doenza, e estes vermes morran ao instante, e axiña, botados fora, saian do teu corpo”.
Como remate, invócase á Virxe, aos santos e aos apóstolos para que garden a persoa e a conserven ilesa de toda infestación de Satanás e os seus ministros.

En Antas de Ulla esténdíase borralla sobre a barriga do doente e, logo, íase cortan- do a borralla, mentres se recitaba o ensalmo seguinte:
“ Córtamas, Mariña,
que sodes nove.
De nove quedades oito,
de oito quedades sete,
de sete quedades seis,
de seis quedandes cinco,
de cinco quedades catro,
de catro quedades tres,
de tres quedades dúas,
de dúas quedades unha,
e esta é para Mariña”.

Nas Pedreiras, Ramelle (Friol), cando unha persoa tiña lombrigas, dicían a seguinte fórmula:
“ Doce lombrices tiene su varcal,
de doce se vuelven once,
de once se vuelven diez,
de diez se vuelven nueve,
de nueve se vuelven ocho,
de ocho se vuelven siete,
de siete se vuelven seis,
de seis se vuelven cinco,
de cinco se vuelven cuatro,
de cuatro se vuelven tres,
de tres se vuelven dos,
de dos se vuelve unha,
reservaremos esta para su varcal,
para que ninguna de ellas haga mal.
Polo poder de Dios y de la Virgen María,
un padrenuestro y un avemaría”.

No lugar de Caboxo (Fanoi) (Abadín) para curar as lombrices dos nenos collíase un anaco suficiente de bieiteiro, que chegase para os nove días nos que habia que dicir as seguintes palabras:
“Corto lombrices
a tódolos males
quitadas as do arnal.
Non é pola miña sabiduría
que é pola que Dios ten
e a Virxen María. Amén”.

Logo dise o painoso.
Esta fórmula ten que citarse nove días seguidos e ó mesmo tempo vaise cortando o anaco de bieiteiro.
Na comunidade de Caborrecelle (Portomarín), para erradicar as lombrigas, faise mención ó seguinte ensalmo:
“ Que de catorce queden trece,
de trece que queden doce,
de doce que queden once,
de once que queden diez,
de diez que queden nueve,
de nueve que queden ocho,
de ocho que queden siete,
de siete que queden seis,
de seis que queden cinco,
de cinco que queden cuatro,
de cuatro que queden tres,
de tres que queden dos,
de dos que quede una,
e unha que quede para arca vacia,
con permiso de Deus e da Virxe María.
Un padrenuestro e un avemaría”.

No lugar de Landoi, Cazás (Xermade), dábanse nove voltas ó redor dun cruceiro pronunciando as seguintes palabras:
“ As lombrigas son nove,
de nove que se convertan en oito,
de oito en sete,
de sete en seis,
de seis en cinco,
de cinco en catro,
de catro en tres,
de tres en dúas,
de dúas en unha,
e de unha en ningunha.
Pola gracia de Dios,
e da Virxen María,
nove Padrenuestros e nove Avemarías”.

En Sudros (S. Pedro do Río) (A Fonsagrada), para expulsar ás lombrigas, cóllense dúas pólas de bieiteiro e pásanse polo ventre da doente facendo unha cruz. Este ritual lévase a cabo nove veces, mentres se recita a seguinte fórmula:
“Como Deus te fixo,
que Deus te desfaga”.

Na mesma comunidade, usábase tamén a seguinte cerimonia: collíase unha culler grande de aceite, tomábase de súpeto e logo citábanse as seguintes palabras:
“ Pola gracia de Deus
e da Virxe Maria,
que estas lombrices
eles mas quiten
con un padrenuestro
e un avemaría“.

Esta cerimonia realizábase nove veces.
Na parroquia de Pígara (Guitiriz) usábase o seguinte ensalmo para cortar as lombrigas:
“(Nome da persoa) tiña nove lombrices,
de nove quedaronlle oito,
de oito quedaronlle sete,
de sete quedaronlle seis,
de seis quedaronlle cinco,
de cinco...catro,
de catro...tres,
de tres... dúas,
de dúas quedoulle unha,
e aquela e do arcal
e que non lle faga mal.
Non é polo meu poder
nin pola miña sabiduría,
senón polo poder de Dios
e da Virgen María.
Un padrenuestro
e un avemaría”.

Ó rematar o ensalmo botábanse nove pallas do tamaño dun escarvadentes nun oco feito na cinsa da lareira ou a cociña, tapando logo coa mesma cinsa. Este ritual repetíase durante nove días.
En Santa Mariña do Monte (Monforte de Lemos), cun coitelo simulábanse tres cortes na barriga, nas mans e nas sienes. Ao mesmo tempo recitábanse as seguintes palabras, unha vez, por cada corte.
“ Lombrices encantadoras
vadevos de aquí,
que acero cortante,
pasou por aquí”.

En Santiago de Gaioso (Outeiro de Rei), para sandar a enfermidade, levaban o doente ao crego quen recitaba un ensalmo; un dos máis coñecidos era o seguinte:
“ Pra nós nunca o alentar
pra nós nunca o devecer,
pra nós nunca o vivir,
pra este poder sanar,
pra estas ter que morrer,
pra os bechos fuxir.

En Ligonde (Monterroso), para expulsar as lombrigas, lavábase a cara do doente no rio, mentres se recitaba a seguinte fórmula:
“ Augas correntes deste rio,
levenme esta pestizase
para ben lonxe de min,
para que así acabe tamén de todo
a dor que sentía por ela”.

No San Matías, O Veral (Lugo) utilízábase a seguinte fórmula para expulsar as lombrigas:
“ Señor Santo Padre
dí a estas
que separen de esta criatura
todo animal dañino,
espíritu maligno,
animal inmundo
y que en ella sea salud y vida”.

Na parroquia de Cabreiros (Xermade), para erradicar as lombrigas usábase as seguintes palabras:
“ A quen corto lombrices,
de nove en oito,
de oito en sete,
de sete en seis,
de seis en cinco,
de cinco en catro,
de catro en tres,
de tres en dúas
de dúas en unha,
de unha a ningunha,
fóra todas menos a do orcal.
Polo poder de Dios
e da Virxen María,
un padrenuestro e unha Avemaría”.

Nesta parroquia, tamén se utiliza o seguinte ensalmo:
“ Este meniño ten nove lombrices,
das nove quítalle unha e quedan oito,
das oito quítalle unha e quedan sete,
das sete quítalle unha e quedan seis,
das seis quítalle unha e quedan cinco,
das cinco quítalle unha e quedan catro,
das catro quítalle unha e quedan tres,
das tres quítalle unha e quedan dúas,
das dúas quítalle unha e queda unha.
Ésta, que Deus a conserva chea e farta.
Pola gracia de Deus e da Virxe María. Amén”.

Esta bendición dise ao longo de nove días, nos que se reza un painoso e unha avemaría.
Segundo o ritual, cada día ten que morrer unha lombriga.
En Bolaño (Castroverde), para sandar as lombrigas, cortábanse nove ramiñas de sabuco ou de venteiro á medida do pé do afectado. Logo, queimábanse, agás unha que se sostiña sobre o pé, mentres se pronunciaba a seguinte fórmula:
“ As lombrigas eran nove,
de nove volvéronse oito,
de oito volvéronse sete,
de sete volvéronse seis...
.......................................
de dous volvéronse unha.
Todas as corto,
non sendo a villareal,
aquela non a corto,
nin lle fago mal”.

Ao rematar o ensalmo, rezábase un painoso e un avemaría. Este ritual realizábase tres días consecutivos.
Na parroquia de Mourence (Vilalba), recitábanse as seguintes palabras:
“ ¿Qué cortas ahí?
Lombrices e pichoces,
a non ser a do barcal,
aquela que non pasa mal”.

Ao mesmo tempo, colocábase unha cruz de bieiteiro.
No lugar da Balsa (Muras), para sandar a doenza, utilizábase o seguinte ensalmo:
“ (Nome do neno) ten bichiñas,
ten unha,
ten tres,
ten cinco,
ten sete,
ten nove,
todas elas morran
so quede a be-a-ba”

Na comunidade de Fontaneira (Baleira) usábase o seguinte ritual para erradicar a doenza: Colocábase ó meniño espido boca abaixo. A persoa que lle ía quitar o mal collía unha navalla (de afeitar ou das outras) e facíalle tres cruces nas palmas dos pés, das mans e na espalda. Como remate untábaselle un pouco de mel nas costas e dicíase a seguinte fórmula:
“Virxe Santa que me ve
curar un anxeliño do ceo (nome do neno),
polas chagas que sufriu
Noso Señor no Calvario;
dame forzas para matar
as lombrigas que padece
e que non lle volvan máis
a este anxeliño que é teu”.

Na parroquia da Graña (Abadín), para expulsar o mal, utilizábase a seguinte cerimonia: cortábanse nove ramiñas da medida do pé do pequeño e recitaban as seguintes palabras:
“ As lombrices eran nove,
de nove volvéronse oito,
de oito volvéronse sete,
de sete volvéronse cinco,
de cinco volvéronse catro,
de catro volvéronse tres,
de tres volvéronse dúas,
de dúas volvéronse unha.
Todas as corto,
non sendo unha.
Aquela non a corto,
nin lle fago mal.
Co poder de Dios
e da Virxen María,
un padrenuestro
e un avemaría”.

Logo queimánse as ramiñas, mais unha delas segue sobre o pé. Este ensalmo tiña que dicirse durante tres días consecutivos.
Na parroquia de Pacios (Begonte), recitábase o seguinte ensalmo para expulsar as lombrigas:
“As lombrices de fulano de tal son nove,
de nove se volvan oito,
de oito se volvan sete,
de sete se volvan seis,
de seis se volvan cinco,
de cinco se volvan catro,
de catro se volvan tres,
de tres se volvan dúas,
de dúas se volva unha,
de unha ningunha.
Polo poder de Dios e da Virxen María”.

Ao rematar o ensalmo, rezábase un painoso e unha avemaría.
Na parroquia de Narla (Friol) vivía unha muller que se chamaba María da Portela, que se adicaba a sandar aos nenos que tiñan lombrices. Por tal motivo, levábanos a súa presencia, e, tan pronto como os veía, xa se daba de conta ao que viñan, e pronunciaba estas palabras: “Demo fora”, como se con elas xa quixiese dar comezo ao tratamento. A muller preguntaba se levaban carne de cerdo e pan de trigo, e merendaba na compaña da persoa que levara ao neno doente. Da merenda reservaba un anaco de pan e outro de xamón, e, cando remataban de merendar, engadía aos dous anacos mencionados un pouco de unto, unha herba que coñecían co nome de “ascenta”, lá dos testículos dun carneiro que tivese máis de tres anos e “cherrizo” (hollín das chemineas). Logo, envolvía todo nunha col e metíaa no interior dun braseiro. Logo de pasar dez minutos, sacabaa e con esa mixtura untaba ao enfermo comezando polas plantas dos pés, seguía polo ventre, palma das mans, punta do nariz, rematando na fronte. Ao mesmo tempo, pronunciaba o seguinte ensalmo:
“Virgen Santa que me ve
curar a un anxeliño do ceo,
pol-as llagas que sofreu
noso Señor no Calvario,
dame forzas para matar
as Lombrigas que padece,
e que non lle volvan máis
a este anxeliño qu-é teu,
padecendo Lombrigueiro”.

Este ritual realizábao unha vez, e se o neno non sandaba, dicía que eran rebeldes e que para expulsalas tiña que “desconxuralas”. Nese caso mandaba traer un litro de aceite. Poñía un pouco nun vaso cunha mariposa e prendíalle lume. Logo, collía un libro que tiña escrito en latín e, colocandoo diante do neno, ía pasando follas e dicindo “aquí non” a cada unha que pasaba mais cando o neno comezaba a chorar dicía “ é-aquí” e leía naquela folla. Ó rematar manifestáballes que xa ficaban desconxuradas. Non embargantes, cando, malia o realizado, acodían de novo co neno doente dicía “que son mui grandes e que o noso Señor non queria que morresen”.
Nunha visión de conxunto, podemos manifestar que para erradicar as lombrigas cómpre distinguir unha serie de elementos relacionados entre si. Estamos a falar de obxectos, ritos e palabras. Os obxectos adoitan ser instrumentos cotiás que polas súas connotacións simbólicas amosan unha función de amuleto de cara ao mal. Ao longo da exposición fixemos alusión aos seguintes:
1.O bieiteiro que se utilizaba para realizar cruces polo ventre.
2.O coitelo que se usaba para simular cortes na barriga.
3.A navalla de afeitar empregada na realización de tres cruces na espalda, e nas palmas das mans e dos pés.
O rito está formado por actividades somáticas reiteradas que amosan un carácter
cultural e simbólico importante. O último elemento recae nas palabras, base do ensalmo, que amosa uns trazos propios e, polo tanto, diferenciables con respecto a outros recitados de índole máxico-relixioso. Soía rematar cun painoso e unha avemaría.
Finalmente, as veces nas que se leva a cabo a práctica ritual é dunha vez ao día; tres veces ao día; unha vez durante tres días; unha vez durante nove días e nove veces ao día.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES