Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Medo á treboada

lunes, 28 de julio de 2014
Dúas botellas de leite no chan. Baleiras. Frío nos xeonllos. E unha cadea televisiva que non cala. Queren as nubes negras apoderarse do ceo gris para, un chisco máis tarde, deixar caer sarabia. Un maletín medio aberto preto da porta de entrada. Uns apuntes xornalísticos sobre o chan. Para lelos, cando haxa tempo libre.

Quere o medo non pensar na sarabia polo dano que pode facer nunha viña que fai de sustento. Hai soldos que non chegan e hai que botar man dun froito que ten o seu risco por culpa dun mal tempo climatolóxico.

Unha lavadora facendo ruído. Auga que traballa nunha roupa usada. Quere o corazón que non veña a treboada.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES