Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (18)

miércoles, 23 de julio de 2014
Estamos na primavera


Sinto cantar os paxaros. Están contentos. Quen me dera ser paxariño para poder estar alegre! Ser feliz coma eles, e non sentir esta dolor tan grande que estamos vivindo.

Que é a vida? A fe, onde está? E se só fora a nosa familia, pero as dos outros tres compañeiros... Tanta amargura! Os paxaros terán pena? Tamén sentirán dolor? Por que hai que sufrir tanto? Pero, a felicidade, quen a ten? Miras para os nenos e pensas que lles agardará. Pois, non somos nós sós. Tanta dolor! Parece imposible resistir tanto.

Noutros tempos duros da miña vida, tiña moita fe; parecía que era unha proba. Pero, agora, xa te reviras. Non no aceptas. Non sei explicarme. Cando ves alegría ao teu arredor, aínda che dá máis pena.

Outra vez, quen fora paxariño para estar alegre! Eles tamén terán sufrimentos. Estou nun tempo duro da miña vida, pois tamén vexo sufrir á xente que quero; iso doe moito.

A ver se saímos adiante. Hoxe, vinte de maio do 2005, esta é a nosa situación. A ver se veñen tempos mellores.

Xa non esperamos moito.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES