Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Esmolas

lunes, 26 de diciembre de 2005
As épocas de grandes cambios traen consigo unha elite triunfadora no social e no económico, pero tamén deixan un desgraciado pouso dos que non puideron ou non souberon adaptarse ás novas circunstancias e convértense nos damnificados da nova situación.

A modernización deste país, a entrada en Europa, o progreso... van elevando as cotas de benestar dunha maioría da sociedade, pero van producinco o que parecen refugallos e sen embargo son persoas cos mesmos dereitos teóricos pero sen a dotación precisa para seguir a facer vida normal.

En tempos lonxanos os desherdados da fortuna peregrinaban polo rural buscando modesta esmola que lles permitise ir resistindo o paso do tempo. A mendicidade, agora, é urbana. E fórmana tanto os procedentes do propio país como -de xeito especial- os que proceden de zonas máis desfavorecidas que chegan por calquera método ilegal a incorporarse a esta Europa do progreso.

O feito funciona como as mareas: tanto aparecen en tódolos cruces, semáforos e prazas, como desaparecen de súpeto como se unha redada inmensa puñese remate artificial ó problema.

O Alcalde Vázquez parece ter atopado a solución: Non darlle esmola nas na rúa a estes pedichóns, para acabar coas mafias que os explotan.

Sen embargo, parece máis lóxico que os que teñen o poder -neste caso os concellos- poñan da súa parte tódalas medidas, preventivas e punitivas, para rematar co problema.

Na Coruña, a chamada "Cociña económica" é un factor moi interesante nesta loita como en Lugo o é o Comedor San Froilán" que desde esferas católicas se promove. Pero por moi meritorias que sexan estas iniciativas só son parches para un problema que teñen que afrontar o conxunto das institucións con ánimo de resolver o que é moito máis que un fenómeno conxuntural.

As esmolas non solucionan nada, pero son un desafogo do que pasa e contempla o problema. Son como unha manifestación mínima de vontade de colaboración.

Sabemos que nada se logra coas esmolas, porque só é un problema de xustiza. Pero as esmolas poden aportalas persoas anónimas nun momento dado, e a xustiza teñen que impartila outras persoas noutras circunstancias, que aínda teñen que demostrar boa vontade nestes días nos que a boa vontade se supón.

Prohibir a esmola é menos solución que a esmola en sí. As institucións teñen moitos máis resortes e capacidade de manobra. Loiten contra a esmola, se queren; pero, entón, fagan xustiza.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES