Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Celebrando a Pepe Chao

martes, 08 de julio de 2014
O 18, festa de Santa Mariña, imos afondar na vida exemplar e na obra de Pepe Chao Rego. Escollemos esta data porque él converteu Santa Mariña de Ferrolterra nun manancial de compromiso e creación, que segue irrigando todas as bisbarras.

Queremos erguerlle o seu hectómetro literario ó pé do Madalena, o seu leito nutricial para xunguir para sempre a súa obra telúrica co eido que o foi enxergando. Queremos corresponder ó seu agarimo polas raíces: “Teño que agradecerlle moito a un lugar chamado Vilalba, porque cando cheguei alí no ano 1976, os seis anos que estiven en contacto co próximo mundo rural, pensando rematar alí a miña vida, coma os salmóns, a miña querencia –eu viña do Ferrol ó río vilalbés-, foron anos moi fecundos para renacer galego”.

Esta incardinación na Terra Chá é o retorno á matriz, á Terra Nai nun proceso de concientización que o noso filósofo propón coma horizonte e tarefa liberadora da persoa e do colectivo. Porén a Irmandade Manuel María e Xermolos encomendaron a un escultor e canteiro que medrou ó compás da música destas augas, que inmortalizase en pedra o espírito deste esgrevio creador. Co deseño da vilalbesa Sonia Ferreiro, Marcos Ladra, neto de “A Nena do Muíño”, que naceu no Muíño do Madalena, tallou co cicel os trazos definitorios do seu veciño Pepe Chao, quen descubreu na auga e na pedra faíscas do noso ser.

Esta volta ás raíces rurais revistese dun compromiso total co país. No seu obradoiro da Chouzana, naceron e tecéronse as máis importantes expresións dunha Igrexa evanxélica a prol dos máis febles, dos labreg@s, como un servizo xeneroso a Galiza enteira.

A Chouzana que Manuel María eternizou nun “Madrigal a Vilalba”: “ (...)Vilalba, rosa florida,/ na Terra Chá silandeira,/ ¡busco a cantiga perdida/ pola rúa da Roxeira…!/ Unha cantiga galana/ que fala de amor e pena./ ¡Perdeuse pola Chouzana/ nas augas do Madalena…!”. E non parou de ir intimando coa Chaira dende os estudos e investigacións máis científicos de “sorpresa en sorpresa”, coma estes hectómetros do Rañego que encenden nos viandantes anceio tras anceio.

El mesmo é actor deste devalar do tempo, facéndose eco da liberación e creando todo un movemento: Irimia, Encrucillada, etc., a prol da dignidade do rural, que principiou no Pedregal de Irimia, na auga fecundante do Miño.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES