Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿Oviedo ou Oporto?

lunes, 07 de julio de 2014
Recentemente viaxei á costa lucense utilizando a nova vía de comunicación que recentemente inaugurou os seus últimos tramos. E na viaxe de volta chamoume a atención que nun dos carteis anunciadores de cidades e a distancia á que se atopan, aparecese o da cidade de Oporto.

Que se anunciase Oporto, preto de Mondoñedo, a máis de trescentos kilómetros de distancia, fíxome pensar que algo non vai ben por aquí.

Resulta que segundo estudos do Foro Económico de Galicia, os aeroportos galegos – Lavacolla, Alvedro e Peinador- sufriron unha baixa do 24% no número de pasaxeiros nos últimos tempos. E mentras isto acontecía en Galicia, o aeroporto da cidade portuguesa de Oporto experimentou un incremento dun sesenta por cento de viaxeiros.

Habería que saber cantos galegos figuran nese incremento do sesenta por cento de pasaxeiros de Oporto, especialmente tendo en conta que este aeroporto desenvolve unha importante actividade promocional en Galicia que chega a pagar o desplazamento en autobús desde o sur galego ata as instalacións aeroportuarias.

Que apareza Oporto nos altos de Mondoñedo, en lugar de indicar a distancia a Vigo, Pontevedra ou Lisboa, chama a atención e evidencia que algo está facendo ben esa cidade para ser anunciada desde tan lonxe. Ocorre algo parecido nun cruce existente na estrada de Santiago á Autovía A-6, preto de Boimorto, que cando un agarda un indicador a Guitiriz, Vilalba, Lugo ou A Coruña aparece un sorprendente letreiro que anuncia Oviedo como podería poñer Madrid ou Barcelona.

Que moitos galegos elixan Oporto en lugar dos aeroportos de Galicia, denuncia que algo se está facendo mal na planificación e promoción do noso negocio aeroportuario. Porque a baixada do 24% nos viaxeiros en Galicia podería achacarse á crise existente, pero o aumento do 60% en Oporto complica a situación.
E máis se vai complicar o transporte por viaxeiros en avión en Galicia, se coa posta en servizo de toda a Autovía da Costa o aeroporto de Oviedo está máis preto da costa lucense ca o de Lavacolla. A ver se o letreiro de Oviedo tampouco vai ser unha casualidade.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES