Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¡Feliz Nadal!

viernes, 23 de diciembre de 2005
Hai unha especie de fariseismo colectivo que impera na sociedade, de xeito que diante destas festas é obrigado ser feliz, ou aparentar selo. E nós quixeramos sair desa regla non escrita que obriga a sorrir por obriga, e aproveitar este anaco de mundo virtual para desexar a tódolos internautas que se achegan a Galicia Dixital un verdadeiro ¡Feliz Nadal!.

Aínda que a Lotería Nacional -ese aproveitamento por parte deste Estado do benestar da hispana ludopatía colectiva- non fose graciosa connosco, e que as nosas ilusións se visen defraudadas pola deusa Fortuna, que xa se sabe que é cega e posiblemente xorda, ¡Feliz Nadal!.

Aínda que o lector-internauta nos siga desde lonxanas terras, aillado do mundo galego, só de corpo e de alma, queremos que ata el chegue a nosa presencia, porque onde hai un galego está Galicia, e porque hai millóns de Galicias espalladas polo mundo, ¡Feliz Nadal!.

Aínda que teñamos que viaxar arrostrando os milleiros de perigos das estradas e dos fríos, porque precisamos ir na percura dos que nos chaman en silencio con lazos máis fortes que as estachas dun cargueiro, ¡Feliz Nadal!.

Nestas festas, nas que as forzas da natureza chaman ó recollemento do fogar, as forzas comerciais ós agasallos garimosos, e a tradición á xuntanza familiar, quixeramos que os internautas galegos -galegos de nacemento, de residencia ou por relación- nos considerasen como da familia, e viran en "Galicia Dixital" un espello no que, en algún momento (en calquera momento do ano) poder mirarse e verse reflectidos. Nesa confianza, nese anceio, mandamos "urbi et orbe" o noso desexo de "Feliz Nadal".

Galicia Dixital
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES