Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Corazón partido

jueves, 03 de julio de 2014
¡Felices as persoas de corazón partido!
¿Cómo dis? –preguntarase vostede.
¡Pois si!
Dígollo e repítollo porque nos casos ós que me refiro, ocorre así.

Verá:
Non estou pensando neste momento naquelas persoas que polas circunstancias que sexa sofren un calvario e teñen o seu corazonciño roto de dor e sufrimento.
Non. (Vaia para elas o meu consolo)

Trátase de persoas que se senten moi queridas nun sitio e noutro, tanto é así que as queren ter preresentes en varios sítios a un mesmo tempo.
Cousa, por outra parte, imposible porque de que eu saiba, ningún humano ten o don da ubicuidade.

Precisamente por esa mesma razón, as persoas das que lle falo teñen o sue corazón partido porque queren a estes e tamén queren a aqueles, pero cando hai distancia física entre ambos, non se pode estar en dous ou máis sitos a un mesmo tempo e o corazón quere compartir.

Feita esta aclaración, penso que cando lle digo de ter o corazón partido, significa que cando estás aquí pensas e máis queres tamén ós dalí; e cando estás alí, queres e pensas nos de aquí.
Ou dito doutra maneira:
Levas a todos no corazón e queres compartir o teu tempo coas persoas que amas, aínda que che doa “separarte fisicamente” temporalmente dunhas para estar coas outras.

Ocorre que hai persoas ás que a súa traxectoria vital as vai levando por diferentes lugares e, afortunadamente, deixan bos recordos por onde queira que pasan.

Desafortunadamente, moitas persoas pasan sen pena nin gloria, pero das persoas que lle falo é como se foran deixando flecos do seu corazón colgados no corazón das persoas que tratan por onde pasan.

Existen persoas así. Teñen ese don.
Todos temos os nosos dons, pero non son todos iguais, cada persoa é única e irrepetible e os seus dons, tamén.
Tratándose de boas persoas, hainas que deixan “huella “ e outras que non.

As persoas á que me refiro, son persoas que deixan pegadas de afecto no corazón das persoas que tratan.
Eu coñezo varias e levo a varias no meu corazón.
Vostede seguro que tamén.
¿ Non leva no seu corazón aquel compañeiro de traballo, aquela mestra, aquel médico, aquela enfermeira, aquel..., aquela persoa que tan positivamente influíu na súa vida?

Ou...¿É vostede mesma unha desas persoas que deixan un rastro imborrable por onde pasa?

¿É vostede unha desas persoas que aínda conserva relación con persoas de lugares distantes que coñeceu no camiño da vida fai moitos anos?

Non sei cal é o seu caso, pero existen persoas que por razóns profesionais van dun sitio para outro.
Tal é o caso dos funcionarios, por exemplo, e doutrs moitos profesionais.
A súa profesión é un tanto itinerante, pero cando chegan a un sitio, -sexa onde sexa e como sexa- entréganse en corpo e alma á tarefa que teñen encomendada sen pensar que o día menos pensado terán que trasladarse a outro lugar.

E van pasando os anos...
A vida vai dando voltas e máis voltas e os recordos afloran no corazón das persoas.
E... ¡Sorpresas que dá a vida!
Pasados os anos, certas persoas teñen a sorte de reencontrárense e:
¿Que pasa?

Pois que a alegría é plena. Algo así co cando toca a lotería; pero esta lotería enriquece máis que a dos cartos, porque esta lotería crea lazos de amistade de por vida.
Ter amigos é unha das boas riquezas ás que pode aspirar un ser humano.
Polo menos eso é o que me parece a min, porque:

-Os amigos fante sentir boa persoa.
-Os amigos dan benestar.
-Os amigos dan seguridade.
-Os amigos dan vida.

¿Que sería de nós e non tiveramos amigos?

Sei dalgunhas persoas que por razóns de amistade, vense “obrigadas“ a pasar unha parte do ano aquí e outra alí.

¿Por que ocorren estas cousas?
Porque teñen o corazón partido.

Daquela, te-lo corazón partido pode ser unha gozada.
O corazón partido, si; pero contento, tamén.
Como di a canción: “corazón contento, cheo de alegría…”
Unha sorte que teñen algunhas persoas.
Eu son unha delas.
Disfruto moito compartindo.
Disfruto moito cos amigos e tanto me tén que estean cerca como lonxe.
Os amigos son amigos onde queira que estean.
Cos amigos sentímonos moi cómodos.
A min non me importa nada te-lo corazón partido por estes motivos, e non sei por que me parece que a vostede tampoco.

Daquela, se mo permite, voulle facer unha suxerencia:
Se é vostede unha desas persoas que ten o “corazón partido”; agora que vén o bo tempo...
¿Porque que non vai visitar eses amigos que leva tempo sen ver?
Ou...¿Por que non os convida?
Esquézase de que neste momento non anda ben desto ou do outro. Con tal de que no exista un motivo con letras maiúsculas:
¡ Anímese que non hai mellor hora que a presente!

Eu pódolle dicir que é unha expereincia maravillosa, moi gratificante e ten moitas recompensas.
O verán é un tempo estupendo para experiencias deste tipo, por eso lle desexo de todo corazón :

¡UN FELIZ VERÁN!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES