Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Espallando ideas (XV)

martes, 01 de julio de 2014
Xa que o título que lle puxen a este libriño é, “Espallando ideas”, e na obriga de ser atento cos meus parentes cataláns pois herdei un apelido, “Vilabella”, con “b”, de orixe tarraconense, anticípome a ofrecerlles os meus servizos.

Este modelo de Letra de Cambio, do ano 1933, é para que vaian pensando, imprimindo, as letras suficientes para devolverlle a Galicia tantas e tantas que desde aquela data viñemos recibindo dos nosos emigrantes, e como sempre tivemos pouca industria, pouca inversión, en lugar de quedarse aquí as divisas ían todas, a feito, para Cataluña; primeiro foron as pesetas, despois a enerxía eléctrica, os xatos tenros, e con eles os mozos resistentes, traballadores; por último, os euros…, algo de todo ¿Algo? ¡Non, algo non, moito!
Espallando ideas (XV)
Como para satisfacer esa débeda primeiro teñen que imprimir moeda, ao quedarse sen euros, tamén lles facilito, a título de modelo, un billete de 50 francos, do ano 1981, pois, xa que eses españois do Oriente, ¡da parte de onde veñen os Reis Magos!, tanto odian a España, á propia nai que os pariu, supoño que se botarán no colo da madrasta, séxase Francia, así que o modelo resultaralles aceptable.
Espallando ideas (XV)
¡Que non se diga que este herdeiro non lles facilita as partillas!
-.-

Qué; botamos en falta o Paraíso, temos nostalxia? Pois, para retornar, só temos un camiño: Que en cada deceso os nosos inimigos opinen, podan opinar, con coñecemento de causa: ¡Qué boa persoa foi! E á vez, que os amigos digan: ¡Todo o fixo ben! ¿Unha utopía? ¡En absoluto, porque utopías son, chamámoslles, ás cousas imposibles, imposibles e/ou irrealizables!

Para que os inimigos cheguen a falar ben dun, dun ou de todos, teñen que darse, concorrer, dúas circunstancias: que ti foses un “muchacho/a excelente”, digno de cantarche o, For he´s a jolly good fellow, for he´s a jolly good fellow; e que teña desaparecido esa clase de envexosos das virtudes alleas, que as envexan pero non as practican. Para que o fagan con sinceridade os amigos, ten que chegar a haber amigos de verdade, de corazón, que o sexan tanto de palabras como de feitos, categoría que tamén é perfectible, pero que máis o será se o noso exemplo comeza a ser exemplar.

Dentro das limitacións humanas, por suposto, pero todo deus pode tender a; ¡a iso, á perfección! Só hai que: primeiro, desexalo; e despois elevar a acto eses pensamentos, esas determinacións. É máis doado de dicir que de facer… ¡Non debera selo, pois o Mestre ben nolo explicou, co seu propio exemplo, daquela que se encarnou nunha muller, nunha persoa, para ensinarnos precisamente iso: ¡a ser persoas!

Ten habido santos, pero diabros tamén, así que, mentres esteamos divididos entre Caín e Abel, da utopía non pasaremos. ¿Daquela, onde está a receita? ¡Só hai unha: o exemplo, comezando por un mesmo! Veu Xesús e… ¡pouco adiantamos, pero menos sería se non tivésemos o seu exemplo vivificador, santificante!

Ao estilo fariseo, aparentamos, ¡cantidade!, pero iso non é fraternidade; a fraternidade demostrase cos feitos, facendo ben as cousas, dando exemplo. Cultura é cultivo, cultivo de min mesmo, comezando por min mesmo; e mal froito darei se me deixo aterecer polos fríos, polos miramentos, humanos. Isto non exclúe a lexítima defensa; sempre que non nos excedamos, por suposto. Como din os mariños audaces: ¡Avante toda! A toda máquina, toda a vida, pois o compás témolo claro: ¡está nos Evanxeos!
…/…
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES