Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Corpus de Lugo: Franciscus en galego e...

sábado, 28 de junio de 2014
O Corpus de Lugo: Franciscus en galego e...
Desque lisquei de Lugo, logo de ter vivido nela máis de vinte e oito anos facendo amigos e inimigos, como todo o mundo en calquera sitio, para mín “a urbe” das murallas e do sacramento -hic hoc misterium fidei firmiter profitemur- xa non é só unha lembranza inesquecible, por fonda, senón mais ben un continuo e saudoso sen vivir e a miúdo, sobre todo, un aloumiñante lóstrego que anuncia as mellores escampadas da miña serena e ditosa xubilación. Lugo-Lugo, San Froilán, San Froilanciño, Domingo das Mozas, Corpus, Semana de Música do Corpus -¡santamaríalestrove- campaniñasdomeulugar- miñacasiñameular, adiós, adiós!-, e agora o Arde Lucus bulicoso e teatral. Semana de Cine Fonmiñá, e velaí… Sempre, eu agora, firmiter profitemur.

Pero hoxe, sobre todo e para mín, bos días, Lugo, e feliz Festa do Corpus, porque el é o meu Corpo e nós somos seu pobo. "¿Lembranzas tristes -e inutis- todas estas son?"
Oia, señor mío, oia. Oia o Papa Francisco cómo di que non e que non, ergueito só no templete da Plaza das Cortiñas, este domingo en Lugo, sete oferentes da Galiza e un só Deus verdadeiro: “Teño que dicir, en primeiro lugar e como débeda de xustiza, que a achega da igrexa ao O Corpus de Lugo: Franciscus en galego e...mundo actual é enorme. A nosa dor e a nosa vergoña polos pecados dalgúns membros, e polos propios, non deben facer esquecer a cantos cristiáns dan a vida por amor, a cantos axudan a tanta xente a curarse ou a morrer en paz en precarios hospitais; a cantos acompañan persoas escravizadas por diversas adiccións nos lugares máis pobres da terra ou se desgastan na educación dos nenos e mozos, ou coidan anciáns abandonados por todos, ou se entregan doutras moitas maneiras, mostando un inmenso amor á humanidade que nos inspirou o Deus feito home”.

E oia cómo segue: “debemos de deixarnos inspirar e motivar polo xesto de Xesús ao partir o pan. Debemos aprender de novo a compartir, a dar, a agasallar. Precisamos una nova cultura do cariño, da solidariedade, do compartir e da compasión. Para a nosa sociedade e unha cuestión de supervivencia dos valores humanos. Trátase da nosa credibilidade como cristiáns”.

Si, meu señore. Así fala este home de Deus aquí en Lugo no día da Ofrenda do Antigo Reino de Galiza ao Santísimo Sacramento. Antigo, non porque a República estea entrando xa polas portas do Cebreiro. ¡Este home de Deus! , porque “velaquí que eu fago novas tódalas cousas” e “á viño novo, odres novos”, di o Señor. E de contado, o papa botou a andar…

Xa que logo, miñas donas, meus señores, de mantilla ou de pucha furada, crebemos unha lanza polas “adoratrices” e pola “adoración nocturna”, pero crebemos outra ben longa e forte pola “adoración diurna” e cotiá do Xesús, sempre Corpo da humanidade, que resiste os soberbios de corazón, os borrachos de sombra negra (os cobizosos de A. Machado) e recollamos do altar da alma o noso pan de cada día, para dárllelo a comer aos irmáns nosos que estean nas beirarrúas das “7 Cidades” e “reinos” da Nosa Terra. Iso é: Hic hoc misterium fidei firmiter profitemur.

E tanto é así, que arestora Don Alfonso Carrasco Rouco, bispo S. I. C da diócese, e Don José Clemente Orozco, o cura, duo viro único et urbis L.A. Pontifice Maximo, cada un deles pola parte que lles corresponde, ven de asinar, ante notario do ilustre colexio dos ídem, firmiter acque Hispaniae exercitu annuente, a escritura de venda do Pazo de Santa María e do Cuartel de San Fernando, ao respetive, en favor dos pobres lacerados da “cultura do descarte” nestes reinos. Iso me dixeron. Pois claro, home, firmiter profitemur.

E con isto, o dito: Feliz Festa da Ofrenda en Lugo e en Galicia Enteira. E así, por moitos anos, novos e ben mellorados serán os meus recordos na fe da cidade que aínda me fai vivir.
Mourille Feijoo, Enrique
Mourille Feijoo, Enrique


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES