Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Falsas expectativas

jueves, 26 de junio de 2014
A veces, na vida, creámonos falsas expectativas; pecamos diante de certas cousas dun excesivo optimismo, tanto que levamos un “batacazo” cando non saen como pensabamos. Isto foi o que aconteceu coas ilusións depositadas na selección de fútbol que críamos case invencible como a Falsas expectativasescuadra aquela que perdemos en 1588 nunha desfeita naval xustificando despois o desastre dicindo que non a mandaramos loitar contra os elementos. O caso é ter a man unha evasiva.

Cando España acadou hai catro anos o campionato do mundo de fútbol, sentiuse renacer. Por fin eramos respectados. Paseamos con fachenda o título e ata a Monarquía concedeu recoñecementos nobiliarios como premio a un feito considerado histórico. Sendo a xesta importante, penso que lle demos demasiada transcendencia e non reparamos naquelas sabias palabras de Vujadin Boskov cando dixo aquilo de: “fútbol es fúlbol” quedándose tan tranquilo. Pois miren por onde tiña toda a razón: fútbol é fútbol, nada mais, e así hai que velo, como un xogo, e como tal suxeito a esa dicotomía marcada polo gañar ou perder. Os futbolistas que están na elite (os da selección o están) gañan xenerosos salarios e de cando en vez tamén gañan no xogo, e non está nada mal gañarse a vida xogando cando outros están a gañala por debaixo do salario mínimo, pero agora que din que o goberno nos vai baixar o IRPF e outros impostos -sen saber como imos pagar a débeda na que estamos mergullados-, non quero entrar no moito que gañan algúns e o pouco co que se apaña a maioría por aquilo de non camiñar polo fío da tan traída e levada demagoxia en cuxa parcela métennos cando intentamos expor certas verdades. Pero sigamos co fútbol.

Fomos a Brasil coa estrela na camiseta na idea de que éramos a selección a bater, que metíamos medo nada máis aparecer polo túnel dos vestiarios, e á primeira de cambio déronnolas todas do mesmo lado, pero o que é peor, dando unha penosa imaxe e unha manifesta sensación de impotencia bordeando o ridículo absoluto. E nada más lonxe de min a funesta idea de facer leña do árbore caído. Non se trata diso e si de estar as duras e as maduras, pois non é normal estar mimando sempre a uns rapaces privilexiados fagan estes o que fagan. Démoslles palmas cando gañan e critiquémolos cando o fan mal. Son as regras do xogo. Mesmo o recoñeceu Xavi Alonso logo da segunda derrota consecutiva: “Estivemos carentes de ambición...”

Pouco antes do comezo do campionato Vicente del Bosque fixo unhas declaracións que non pasaron desapercibidas: “Non vexo nesta ocasión a mesma mirada nos xogadores...”, como intuíndo a crónica dun desastre anunciado. Que se podía esperar entón?

E agora qué? Pois o mundo non remata aquí e haberá que poñerse a traballar para organizar outro grupo de xogadores que traballen con ilusión para colocar ao fútbol de España de novo na élite. Aos outros, os que non son, non somos, futbolistas tócannos intentar sacar a España da cabeza da clasificación da desigualdade que arestora lideramos en Europa, unha tarefa, esta si, ardua que vai requirir grandes esforzos que, intúo, correrán a cargo dos de sempre, dos que teñen o fútbol coma válvula de escape. A ver se somos quen de seleccionar, por sufraxio, a un grupo de políticos que lideren ese cambio que España necesita. Aquí si xogámonos máis, moito máis cun título.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES