Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A satisfacción do deber cumprido

jueves, 26 de junio de 2014
Pois: ¡Si, señor!
Neste mundo onde as noticias nos bombardean con titulares de corrupción por aquí e por alí; tamén hai moitísimas persoas honestas e honradas que deixan quedar moi alto o pavillón da responsabilidade humana.

Tal é o caso de moitísimas familias exemplares que souberon e puideron ofrecerlle ós seus descendentes un clima apropiado para que aprovetaran debidademente o curso escolar e agora séntense satisfeitos e -con moita razón- poden “presumir” e sentirse orgullosos do rendemento académico e persoal dos seus pupilos e xa están pensando en preparar o camiño para o vindeiro curso, -despois dunha pausa veraniega- todos aqueles que conservan as ansias de saber a flor de pel.
Se na súa familia hai persoas en idade estudiantil, seguro que entende moi ben o que lle quero dicir.
¿Certo?

Igualmente todos aqueles profesionais do ensino que puideron realizar con normalidade o seu labor pedagóxico, vense agora recompensados cos froitos dun alumnado ben preparado que será o encargado dun porvir prometedor. E –por suposto- nin que dicir ten que o PROFESORADO xoga nesto un papel fundamentalísimo.
Dou fe desto porque teño moitas amistades no mundo do ensino e sei ben do que falo porque eu tamén pasei toda a vida profesional nesa maravillosa profesión:

¡Cantos desvelos!
¡Canta preocupación!
¡Cantas horas de correxir e correxir exames!
¡Cantas entevistas coas familias!
¡Cantos “entuertos” que endereitar..!

¿E que dicir do alumnado que soubo aproveitar e agradecer o que a familia, a escola, o instituto ou a universidade fixeron por eles?
Xente nova desta clase tamén a hai e ben mérito que teñen neste mundo que lles ofrece tanto de todo, onde hai máis ruído que noces...

¿Ten vostede alguén así na súa familia, no seu entorno?
¿Verdade que se disfruta con xoves así?

Pois estas persoas son a luz e o sal desta sociedade un tanto insegura que por veces parece que ten algo perdido o rumbo.
Esta xuventude é un piar fundamental para a vida social do século XXI. Sobre eles recaerá o peso e a responsabilidade de levar o timón da sociedade do século actual.

Veranse enfrontados a moitos retos, moitos desafíos, moitos esforzos, moitos disgustos pero tamén moitos éxitos, moitas satisfaccións e moitos logros son os que con xustucia van a recoller.

Para eles moitos ánimos e o máximo agradecemento de parte do resto da sociedade.
Sen esta xuventude o mundo iría cos ollos vendados pola vida. Esta xueventude con esforzos renovados e con moito tesón, será a encargada de sacar o país adiante igual que fixeron xeracións anteriores cando tiveron que enforntarse a problemas maiúsculos ó longo da nosa historia.

En boa medida o curso académico rixe a marcha do resto da sociedade e moitas persoas poderán disfrutar con satisfacción dun merecido descanso do seu bo facer durante o resto do ano.

Pero outras moitas terán que traballar duro para ofrecer non só os servizos básicos do resto do ano, se non tamén para satisfacer as necesidades turísticas da época.
Haberá quen “fará o seu agosto” e haberá tamén quen “sudará os seu agosto”, pero a fin de contas todas esas persoas poderán sentirse satisfeitas co deber cumprido que é do que se trata.
Recentemente fixen unha viaxe pola Costa do Sol e puiden comprobar como um xove de cor estaba encaramado nunha altísima palmeira podándoa com destreza e con moito esmero e perfección ó mesmo tempo que soportaba un sol abrasador; pero el estaba gañando o seu pan e a fin de contas seguro que se sentirá satisfeito cando recolla a súa recompensa e poida sobrevivir e máis mandarlle algo ós parentes que quedaron ó outro lado do Estreito de Xibraltar.

Haberá outras moitas persoas que están pasando un momento duro na súa vida e que o seu principal obxectivo será superar ese bache. Vaian para elas os mellores desexos dunha eficaz saída da situación na que se atopan neste momento.

Sexa cal sexa a situación de cada persoa, se se sente coa satisfacción do deber cumplido xa terá motivos máis que suficientes para sentirse satisfeita consigo mesma independentemente da situación na que se encontre, pois: calquera que sexa non será eterna.
Sírvalle de consolo saber:
-Que tódolos problemas traen consigo a súa solución.
-Que nesta vida, todo pasa.
-E que a paciencia todo o alcanza.

Por outra banda, o clima veraniego dará novas forzas a todos, favorecerá a intercomunicación entre as persoas, alegrará a vida e renovará as forzas; polo que todos nos sentiremos un pouco mellor á hora de enfrontarnos co vindeiro outono.

Pero de momento a tódalas persoas de boa vontade -como vostede e coma min- toca sentirse satisfeitos polo deber cumprido, non porque nos sairan as cousas á perfección, se non porque puxemos todo o noso amor no que fixemos.
¿Certo?
Eu teño que confesarlle que o puxen, que fora sufiente ou non, eso xa é outro cantar. Moitas veces xa depende do punto de vista de cada un que é diferente para cada persoa.
Vostede que é unha desas persoas de boa vontade, coma min; apoiamos e aplaudimos a tódalas persoas que a estas alturas de vida poden e deben sentirse satisfeitas do deber cumprido.
¡É un orgullo contar con persoas así!
¡Grazas a vostede por ser unha delas!
Grazas por ser unha persoa de bo carazón que seguro deixará flecos por onde queira que vaia.
Por eso pode que vostede sexa unha desas persoas de CORAZÓN PARTIDO igual que me pasa a min.
O vindeiro xoves direille por que teño o CORAZÓN PARTIDO, se vostede ten a ben, lelo, claro está.
Vostede sempre ten a última palabra, pode elixir. Graciñas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES