Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Que todo sexa para ben!

lunes, 16 de junio de 2014
Aínda non se disiparan os ecos do terremoto electoral do 25 de maio, e o Rei e anunciou a súa abdicación. Como se tiveramos poucas cousas en que pensar, de repente, un novo e decisivo elemento a ter en conta neste sen vivir no que estamos inmersos.

É certo que O Rei ten ben cumprido o papel que asumíu naquel tempo difícil do que se van cumprir 39 anos. Que daquela tiñamos a seguridade de vivir un tempo histórico no arranque dunha monarquía recuperada “daquela maneira”, que non sabiamos canto podería durar xa que o país era unha ola a presión que podería estoupar diante de calquera imprevisto. Logo resultou que os numerosos imprevistos se foron solventando ata chegar a este momento no que a maioría da sociedade sólo coñece o acontecido polas informacións xornalísticas e polos libros de historia.

Temos, como evidencian as enquisas e a respiración colectiva, agudísimos problemas de paro, agonía das empresas, afogamento do comercio... de tendencias independentistas, de desconfianza nos políticos, de emerxencia de forzas políticas de imprevisible comportamento futuro... E por se fose pouco, cambio agora na máxima representación do estado –dentro do previsto, iso sí- coa conseguinte marea –por agora non é unha “marea viva”- dun republicanismo que estaba latente pero diante dos acontecementos sae ás rúas para intentar facerse ver.

Posiblemente esta é a vertente pesimista da cuestión. E a vertente optimista, a oficial, é a renovación da Xefatura do Estado cun home novo, ben preparado, para afrontar novos tempos dunha sociedade infinitamente máis nova, máis moderna, máis esixente e máis democrática que a de 1975 que a que ao pai lle tocou representar, aínda que moito haxa que mellorar nesa democracia.

Quizais, coma sempre, a virtude estea no punto intermedio, e haxa que considerar que esta renovación é preludio doutros cambios sociais importantes na política e no social, que nos leven a tempos novos e mellores para unha sociedade que nos últimos tempos ten soportado moito e, polo tanto, desconfía moito.

Diante da división de opinións existente –“xa era hora”, “non vale de nada” ou “é totalmente normal”- confiemos en que, como hai 39 anos, todo sexa para ben.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES