Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Outro Referendum

lunes, 16 de junio de 2014
Velaquí un anaco de humor do noso colaborador Xaquín Campo Freire, Xaquín de Roca (que por se alguén non o sabe é crego en exercizo), que ven precedido do seguinte "introito":

Outro ReferendumPola plenitude de facultades que me concede actualmente a constitución (estoume a referefirir á miña, persoal e física), convoco asemblea democrática para decidirmos entre todos o futuro no que afecta á miña etapa sucesoria, non lonxana, xa que acabo de cumprir 77 anos.

Por tanto, cantos se consideren coas condicións debidamente requeridas por un pobo libre, ceibe e soberano, poden optar, en 1ª convocatoria, ao exercicio que tal servizo esixa nas próximas xeiras. A tarefa é dura. Porén vale a pena optar.

O meu reino non é deste tinglado, nin deste sistema, nin é deste mundillo.

Polo tanto, proclamo aberto o proceso, con opcións para homes e mulleres, en réxime igualitario e sen ningunha preferencia, salvo a de mellor servir.

OUTRO REFERENDUM

“CATÓLICO: EN EL REFERENDUM, VOTA SI (ANO 1947: Lembro ben aquela propaganda).

Acabo de cumprir 77 anos de idade. Un máis do que o rei.
E xa que andamos en época de cambios, “realmente” fundamentais, eu tamén me vexo na obriga de abrir un novo proceso sucesorio, constituínte e democrático.

Por tanto: Despois de cincuenta e un anos de Párroco declárome suficientemente amortizado e poño o meu posto á libre disposición.

Por iso convoco formalmente un referendum á Sé Parroquial Dado en Mandiá-Ferrol, a 06-06-2014.

E haberá moitas opcións que pugnen polo meu posto?. Aceptarán todos ao meu sucesor? Haberá quen?

Un saúdo con saúde, con humor e agarimoso.
Xaquín Campo Freire. 'Xaquín de Roca'.
Do PRINCIPADO de ROCA e SEÑORÍO DE FONTREXE.
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES