Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Medicina arredor da casa

lunes, 16 de junio de 2014
As estadísticas dinnos que as xentes do rural viven máis que as da cidade. ¿Por que será?

Entre outras cousas porque o sacho e o contacto coa natureza son moi saudables sempre e cando as forzas permitan facer uso do primeiro.

Pero do que non falan as estadísricas é de que o medio rural ten a medicina arredor da casa. Ten unha enorme botica nada máis saír da porta.

Quen máis e quen menos, no rural temos unha horta ó pé da casa na que adoita haber unha serie de productos de consumo diario ademais de variedde de árbores froiteiras e un sen fin de herbas e plantas de xardín, a maioría con propiedades medicinais.

A totalidade do Alumnado da Uned Sénior de Xestoso ten noticia e unha boa parte coñecemento das seguintes plantas con propiedades medicinais:

Acelga, alquequenxe, allo, asento, bela Luisa, bidueiro, bieiteiro, borraxe, castiñeiro, cebola, cereixas de xudeo, ceruda, chantada, chícharos, correola, eucalipto, fieita, figos, fiúncho, hedra trepadora, herba sacra, laranxeira, leitugas, limoeiro, loureiro, maceira, malvela, manzanilla, maravillas, margarida, menta, mexacán, mil follas, mirta, nespereira, néveda, nogueira, oliveira, ourego, pasiflora, patacas, pereira, perexil, romeu, ruda, sampedra, toxo, uz, xesta e moitísimas máis.



Todas elas teñen propiedades medicinais.



1.- A ACELGA (ACELGA)

Está moi indicada para os obesos.



2.- O ALLO (AJO)

Para a circulación, para a impotencia, para a circulación, para a gota, para artrite e para as verrugas.



3.- A BELA LUÍSA (MARÍA LUÍSA)

Está indicada para persoas con decaimento físico. Favorece a dixestión, elimná gases, combate a alitose e evita o insomnio.



4.- O BIDUEIRO (ABEDUL)

Está indicado para problemas do corazón, a hidropesía e tamén é diurético.



5.- O BIEITEIRO (SAÚCO)

Combate a febre, é diurético, laxante e antiinflamatorio.



6.- A BORRAXE (BORRAJA)

É diurética, depurativa, ataca a febre, a viruela, a bronquite, os herpes, o nerviosismo, etc.



7.- CASTAÑA (CASTAÑA)

É moi nutritiva.



8.- A CEBOLA (CEBOLLA)

Está moi indicada como diurético, antiséptico, antidiabética, evita o retraemento, os constipados e as hemorroides.



9.- AS CEREIXAS DE XUDEO (ALLQUEQUENJE)

Son diuréticas e antigotosas.



10.- A CERUDA (CELIDONIA)

Bota un zume amarelo que elimina as verrugas.



11.- A CHANTADA (LLANTÉN MAYOR)

Ten moitísimas propiedades: É antitusixena, antiinflamatoria, antibacteriana e astrinxente. Úsase para a asma, a bronquite, a farinxite, o catarro, a diarrea e o reumatismo entre outras.



12.- OS CHÍCHAROS (GUISANTES)

Evitan a anemia e reforzan os ósos.



13.- A CORREOLA (LLANTÉN MENOR)

Utilízase para a dor de moas, dos oídos, neuralxias, enurese nocturna, como cicatrizante, para a ronqueira, para a conxuntivite, etc.



14.- O EUCALIPTO (EUCALIPTO)

É antiséptico, bactericida, anticartarral. Está indicado para a bronquite.



15.- A FIEITA (HELECHO)

Emprégase para rebaixa-lo sangue porque é hipotensor, tamén para rebaixa-las menstruacións e como antidiarreico.



16.- OS FIGOS (HIGOS)

Son bos contra o retraemento, as verrugas, as inflamacións da boca, a tos e a larinxite.



17.- O FIÚNCHO (HINOJO)

As súa raíces empréganse para as diarreas, para o flato intestinal e para as menstruacións difíciles.



18.- A HEDRA TREPADORA (HIEDRA)

É unha gran devoradora de graxas por eso serve para evitar a celulite usándoa externamente. En infusión tamén serve para as neuralxias, as menstrucións difíciles e para ablandar calos e durezas.



19.- A HERBA SACRA (SALVIA)

Está indicada para favorece-la dixestión, o funcionamento do corazón e a depresión nerviosa.



20.- A LARANXEIRA (NARANJO)

Dános moitos beneficios. As súas follas son sedantes, as flores antiespasmócias e os froitos evitan o meteorismo, a fltulencia, reducen o colesterol e son antioxidantes fronte ó cancro.



21.- AS LEITUGAS (DENTE DE LEÓN)

Teñen unhas follas moi nutritivas e a súa raiz emprégase en procesos diuréticos, aperitivos, laxantes, para diabete e as pedras no ril.



22.- O LIMOEIRO (LIMONERO)

Ofrécenos multitude de beneficios. Emprégase para a acidez de estómago, para o ácido úrico, para as infeccións hepáticas, para a amigdalite, para anemia, contra a anxina de peito, como antibiótico, como antiespasmódico, como antioxidante, para a apendicite, para a arteroesclerose, para a bronquite, para os cálculos renais, para o catarro, pero o cerebro, para a ciática, para a dor de cabeza, para a dor da perna, para a gripe e para a impotencia.

Quen, podendo, non ten un lomoeiro na súa horta, non sabe o que perde.



23.- O LOUREIRO (LAUREL)

Tamén nos ofrece múltiples beneficios: é hepatoprotector, dixestivo, espectorante, antiespasmódico, diurético, sudorífico, hipotensor, antiséptico, bactericida e antirreumático.



24.- A MACEIRA (MANZANO)

Dános sabrosas mazás que teñen propiedades contra a asma, a febre, a anemia, o insomnio, os cálculos de fígado ou de ril, a bronquite, , a tos, o resfriado, a gripe, os catarros e a artrite.

Tamén se utiliza como purgante e como cicatrizante.



25.- A MANZANILLA (MANZANILLA)

Ofrécenos moitos benefícios: mellora a dixestión, é sedante, baixa o colesterol, é antiinflamatoria, antiséptica, emprégase para a conxuntivite, para a dor de moas e para as chagas na boca.



26.- A MARAVILLAS (CALÉNDULA)

Boa para ecemas, dermatite, queimaduras, feridas, carafunchos, acné, fiebre, vómitos, calambres de estómao e reguladora de menstruacións.



27.- A MARGARIDA (MARGARITA)

É depurativa, tonificante, aperitiva, febrífuga, e boa para a gripe e os resfriados.



28.- A MELISA (MELISA)

É relaxante e tonificante. Úsase para trata-la ansiedade, a depresión e a tensión nerviosa. Tamén se emprega como cicatrizate e curativa coma o mel.





29.- A MENTA (MENTA)

Úsase como antiséptico e para a neurose cardíaca.



30.- O MEXACÁN (DENTE DE LEÓN)

Ten follas moi nuritivas que fortalecen o sangue, aumentan os glóbulos vermellos, regulan o ácido úrico e regulan a tensión arterial.

A raíz aplícase para a diabete.



31.- MIL FOLLAS (MIL EN RAMA)

Úsase en infusión en casos de diarrea aguda, gastroenterite, e para aliviar hemorraxias menstruais.



32.- O MIRTO (MIRTO)

En inhalación serve para afeccións respiratorias: resfriados, gripe, bronquite e asma.



33.- NÉSPERAS (NÍSPEROS)

Son protectores do fígado, reducen o colesterol, baixan peso, atacan a gastrite, son laxantes e combaten a gripe, a tos e a coxestión bronquial.



34.- A NÉVEDA

É anticatarral. Está indicada para a tos e o insomnio.



35.- A NOGUEIRA (NOGAL)

É un astrinxente poderoso, depurador do sangue, indicada para a diarrea, acné, eczema e dermatite.

A infusión das follas emprégase en procesos cardiovasculares, endocrinos, dixestivos e dermatolóxicos.



36.- A OLIVEIRA (OLIVO)

As súas follas son hipotensoras, vasodilatadoras, antiarrítmicas e baixan o azucre no sangue,

Úsase externamente para a dermatite, eczemas secos, psoriase e queimaduras.







37.- O OUREGO (ORÉGANO)

Está indicado para a dixestión, a tos, a menstruación, as obstruccións pulmonares, as infeccións, os oídos, a bronquite, a amigdalite, a asma e o insomnio.

Tamén é diurético e antirreumático.



38.- A PASIFLORA (A PASIONARIA)

É analxéxica, hipotensora e sedante.



39.- AS PATACAS (PATATAS)

Disminúen o colesterol malo.



40.- AS PERAS (PERAS)

Favorecen a perdida de peso, depuran o organismo, regulan o tránsito intestinal e o azucre en sangue, recomendables para diabete, a hipertensión arterial e as afeccións cardiovasculares. Tamén fortalecen os glóbulos vermellos.



41.- O PEREXIL (PEREJIL)

É diurético, hipotensor, emenagogo (dores menstruais), dixestivo, laxante e combate a alitose.







42.- ROMEU (ROMERO)

Bo para a cociña, para problemas dixestivos, para problemas respìratorias, para a anemia,para as dores musculares, caída do cabelo e unllas fráxiles.



43.- RUDA (RUDA)

Facilita os procesos dixestivos, combate o retraemento, os cólicos estomacais, os malestres mestruais, a ansiedade e a neurose. Tamén revitaliza o sistema circulatorio.



44.- SAMPEDRA (ORTIGA MAYOR)

Protexe o fígado, favorece a función biliar, favorece dixestión, detén as hemorragias (é hemostática), antiesclerótica, axuda a combate-la diabete, antiprostática e antianémica.

Tamén está indicada para a icterícia, a enurese, o Alzheimer, a impotencia, os carafunchos, os eczemas, o acné, a calvície e a ciática.



45.- SILVA (ZARZA)

A siva é antibacteriana, astrinxente e antinflamatoria polo que está indicada para diarreas, diabete, úlceras de pel, aftas, anxinas e carafunchos.





46.- TOXO (TOJO)

Está indicado en tratamentos de fígado, asma, dor de cabeza e tos.



47.- UZ (BREZO)



É un potente diurético. Está indicado para cistite, próstata, cálculos renais e reumatismo.



48.- XESTA

Ten un poderosos efecto diurético.

Emprégase para disolver cálculos, para eleva-la tensión arterial e para reforzar a parede venosa.


(Información recollida por Mercedes Cachaza Platas, Alumna da UNED Sénior, para a XORNADA SOBRE O MEDICAMENTO.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES