Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Histeria case colectiva

miércoles, 11 de junio de 2014
A pasada semana andei pola Coruña xusto no día no que o Deportivo xogaba un partido transcendente cara ao seu ascenso a Primeira División. A cidade tiña un aire distinto con moitas bandeiras brancas e azuis pendurando dos balcóns e das ventás dos edificios. Pola rúa a cidadanía tamén participaba pois moita xente, dentro dun amplo abano de idades, paseaba con distintivos que tiñan que ver co equipo da cidade, coma camisetas, bandeiras e bufandas. Toda unha colectividade estaba pendente do que ía pasar a partires das sete do serán. E pasou, pasou que o partido foi malo, malo de solemnidade pero o obxectivo cumpriuse porque ao Deportivo chegáballe cun empate e gañou por 1-0 desatando con ilo case unha histeria colectiva.
Histeria case colectiva
No establecemento no que soemos parar para serenar a sede e o apetito, as mesas estaban reservadas dende a mañá, así que fomos na procura doutro asentamento onde poder ver o evento por TV. O campo a reverter con máis de trinta mil persoas
esperanzadas na procura dun alegrón que non é mal vido, dadas as circunstancias. Ao remate do partido e baixo o berro de : todos a Catro Camiños!! ríos de xente corrían ata a emblemática praza, algúns xa co vaso de cervexa na man. Altofalantes a todo trapo con música de “chin chan pum” e todos ansiosos na espera de que os heroes fixeran acto de presenza. E os gladiadores déronse un baño de multitudes.

Pasado xa o momento de euforia e sen pretender, lonxe de min esta funesta idea, ser un auga festas, quixera facer unha pequena reflexión co gallo de intentar por as cousas no seu sitio. A realidade é que o Deportivo está de novo en Primeira División e hai que felicitar aos xogadores, ao corpo técnico e especialmente a esa afección, que é un exemplo de entrega nas verdes e nas maduras, polo éxito acadado, pero non estaría de máis reflexionar sobre as causas deste logro onde o Deportivo foi o torto nunha competición de cegos. Explícome: a Segunda División esta tempada foi mala, moi mala o que quizais explique que uns equipos mediocres acadaran o ascenso directo. Fun a varios partidos e sen o apaixonamento do seareiro incondicional que non son, podo dicir e digo que a cousa foi dun tremendo aburrimento polo xogo despregado por uns e outros. Cun par de partidos gañados en Riazor o Deportivo levaríase a liga de ruada, sen despeinarse. Pero o fixo sufrindo, de aí que a euforia se desbordara ao final. E agora a ver que pasa porque as economías non están para botar foguetes malia levar o equipo o logotipo dun banco nas costas, e con este cadro non vai ser doado manterse na categoría raíña.

O que si semella claro é que a cidade da Coruña vaise beneficiar, sobre todo o sector da hostalaría que verá incrementadas as súas actividades pola presenza de seareiros doutros equipos e pola de galegos que se desprazarán para ver aos Mesis ou Ronaldos.

Cousa semellante, a outros niveis claro, puido ter acontecido se o Racing acadase o tan desexado ascenso a Segunda División, pero haberá que esperar a que veñan tempos mellores.

O caso é que o fútbol está aí para, entre outras cousas, esquecer penas e xuntar arelas non moi transcendentes na xente e abofé que cumpre dabondo con esta encomenda tan conivente coa política. Dentro duns días a poboación non será Monárquica nin Republicana: será Vermella. Xa o verán.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES