Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Coñece Vidago?

lunes, 09 de junio de 2014
Non me atrevería a aventurar un cálculo porcentual, pero se lle pregunto, benquerido lector, se coñece Vidago e logo sumo unha por unha as respostas de cada quen, estou seguro de que unha alta porcentaxe de lectores contestaríanme que pasaron por alí algunha vez.

Ora ben, malia que o coñeza cunha certa cotidianidade porque vostede é da zona cercana coa raia seca dunha e doutra beira do Támega e agora, coa Eurocidade, se desprace por alí con certa frecuencia, se cadra o que non sabe é que é unha freguesía (o que aquí nós chamamos parroquia) -é dicir, nin sequera ten división administrativa de municipio, xa que logo, forma parte do termo municipal de Chaves- que non chega ós dous mil habitantes, concretamente sitúase entre os 1890 de Bande e os 2.019 de Oimbra, que ten como actividade fundamental a agrícola -coma tantas outras zonas do norte do país veciño, aínda que en decadencia- e de servizos, baseando estes servizos nunha regalía minero-xeolóxica moi común en moitos lugares desta nosa provincia, como é o das augas termais, no seu caso dotadas dunha alta alcalinidade que lle dan personalidade propia e que eles teñen a gala que chegan a competir mesmo coas de Vichy.

O que probablemente non saiba tampouco é que gracias á fartura dun labrego da zona que a mediados do século XIX pasou a carón dun manancial que nin sequera era utilizado para o regantío, pero do que el bebeu porque levaba unha forte pesadez no bandullo que o levou a non facerlle acenos de exquisito á auga, foron descubertas algunhas das propiedades medicinais daquel manantío, e que dos seus posteriores estudos xurdiu unha forma de vida ligada primeiro ó turismo de saúde decimonónico e logo ó turismo puro e duro, agora nestes albores mudantes do século XXI.

Como consecuencia de todo isto naceu no seu momento un Gran Hotel coñecido como "Vidago Palace Hotel", que en termos economicistas pasa por ser un "hotel de luxo" do que directa ou indirectamente viven outros cinco aloxamentos hosteleiros, alén dun bo número de casas de turismo de habitación pola revolta.

Pois ben, como sabe porque vostede está ben informado, esta mesma semana o tal "hotel de luxo "acolleu unha reunión hispano-lusa ó máis alto nivel gubernativo, da que se fixeron eco tódolos medios de comunicación de ámbolos dous países.

Dito isto, gustaríame saber dúas cousas:
- A primeira é canto custaría a campaña publicitaria que esta xornada presidencial xerou.
- A segunda é, que coño ten a xente en contra dos "hoteis de luxo", que cando se plante facer algún semella que se propuxese unha central nuclear.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES