Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Garda Civil en Foz

lunes, 09 de junio de 2014
A inestabilidade política que se xerou no país ó remate da Guerra da Independencia (1833-39) e o auxe do bandolerismo en todo o territorio do Estado , puxeron de manifesto a urxente necesidade de contar cun corpo armado, especie de policía rural, que garantise o orde público e velase polas vidas e facendas dos cidadáns. Foi entón cando se creou a Garda Civil, cuxa organización confiada ó Duque de Ahumada, reinando Isabel II; primeiro corpo de seguridade pública a nivel nacional: era o 13 de maio do 1844; hai 170 anos..

Preto de medio século dende a súa fundación, tardaría Foz en contar cun posto do Benemérito Instituto, pois foi o día 30 de agosto de 1891 cando o alcalde don Ramón López Castiñeira daba conta á Corporación Municipal de que fora concedida ó noso concello a creación do posto da Garda Civil que tiña solicitado.

Para levar a efecto a concesión os munícipes acordaron tomar en aluguer a casa propiedade de don Francisco Couto para acuartelamento da forza e a tal fin facultaron ó señor alcalde para que procedese á adquisición dos seguintes efectos: unha mesa con hule negro; dous bancos, un palanganeiro con bacía ou jofaina e xarra; unha tablilla para o letreiro “Casa Cuartel de la Guardia Civil” e outra para fixar ordes e comunicados; unha izarra e unha tinaxa de barro para conter auga.

A partir daí foron varios os domicilios que acolleron o cuartel e o personal do mesmo, sempre, hai que recoñecelo, en instalacións moi precarias. E así foi ata o ano 1976 que, ocupando a alcaldía Pancho Martínez, no lugar de Fondós, o concello mercou os terreos precisos sobre os que se construíron unhas dependencias e vivendas dignas, que dende entón ocupan os membros da Garda Civil destinados no noso concello.

Digamos, como curiosidade que hai 40 anos pagáranse polos devanditos terreos a cantidade de 100.000 pesetas; ou sexa 600 euros actuais. Son 125 anos os que a Garda Civil leva prestando os seus servizos en Foz; toda unha efeméride,

(Suso Fernández é cronista oficial da cidade de Foz)
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES