Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mañá, Deus dirá

jueves, 05 de junio de 2014
Que os pais queren o mellor para os seus fillos, ninguén o pon en dúbida; pero de aí a vivir escravizados toda a vida por deixarlles un euro máis, dá moito que reflexionar.
¿Qué significa querer o mellor para a seguinte xeración?

Depende das persoas según sexan as súa preferencias, a súa formación, a súa situación social, a súa situación económica, a súa situación cultural, as súas crenzas.... Etc.

É moi humano preocuparse e ocuparse dos asuntos da descendencia sobre todo cando os estamos criando e cando os vemos enfermos ou desvalidos; pero tamén é certo que se están sans e son maiores; son eles mesmos os que teñen que buscarse a súa vida, facerse autónomos e abrirse o seu propio camiño.
O mellor que podemos facer por eles é darlles exemplo de vida.
O camiño de cada persoa é único e intransferible, vaino construíndo según as súas circunsacias persoais loitando día a día pola súa superación persoal, profesional e social.

Ningúns pais por moi padrazos que se sintan, poden resolverlle a vida do descendente.
Pode e debe axudalo, aconsellalo e ofrecerlle o seu apoio sempre que o necesite e poida facelo; pero cada un é responsable da súa propia vida.

Hai pais que se privan de vivir a súa propia ancianidade por exceso de atencións coa súa prole porque pensan que sen a súa presenza, non poderían vivir.
A min paréceme que son pais enganados que pensan que son indispensables; nin viven eles nin deixan coller autonomía á xeración seguinte.
Todos precisamos dun espazo reservado para nós mesmos e o feito de que outros queiran entrometerse nese espazo reservado para nós, levámailo máis que mal.
¡Canta familias non se desfán por entrometerse e pasarse da raia!
¿Coñece vostde algún caso?
E nunca se lle pasou pola mente algunha expresión como aquela que di:
¡Que ben estaba cada un na súa casiña!

Tamén coñezo outros ascendentes que lles deron a mellor formación que puideron, as ferramentas necesarias para labrarse o seu propio futuro e agora séntense satisfeitos e gozan da súa ancianidade ó mesmo tempo que deixan que os seus descendentes se abran o seu propio camiño.
Esta postura paréceme máis madura, máis equilibrada e máis axeitada.
¿Vostede que opina?
A min paréceme que hai un tempo para cada etapa da vida.

Do mesmo xeito que temos a obriga de criar, alimentar e educar a descendencia na infancia, na adolecencia e incluso nunha parte de xuventude; tamén chega o momento que a persoa precisa levantar o voo e experimentar en propia carne os seus éxitos e os seus fracasos.
Dos erros tamén se aprende e se son erros propios moito máis aínda.

Admiro ás persoas de certa idade que saben ocuparse delas mesmas, vivir a etapa que lles corresponde; sobre todo na ancianidade cando –en teoría – non deberían ter abrigas familiares, salvo en casos de enfermidade ou situacións especiais.
Admiro ás persoas que saben ocuparse do que lles corresponde no seu momento oportuno.
Cando chegan á anciandade, se a saúde as acompaña, teñen dereito a aproveitar os cartuchos que quedan levando unha vida activa facendo actividades que contribúan ó enriquecemento persoal e social, como poden ser.
-Aprender.
-Viaxar.
-Axudar en tarefas solidarias.
-Favorecer as relacións interxeracionais.
-Manterse na mellor forma posible facendo algún exercício físico.
-Cultuivando a actividade intelectual que favoreza a plasticidade neuronal.
-Relacionarse con outras persoas.
-Visitar familiares e amistades, cando as circunstancias o aconsellen.
-Compartir coñecementos e compañía.
-Face aquelo que antes non puideron...
-Etc, etc.

¿Por que se debe levar unha vida activa mentres duren as forzas independentemente da idade que se teña?

A resposta é moi sencilla:

-Se non movemos o corpo, anquilosámonos.

-Se non cultivamos a mente, embrutecémonos.

-Se nos aillamos, morremos de aburrimento, amargamos a vida das persoas próximas e a nosa propia.

-Se nos entrometemos na vida dos outros, chegará o momento que se verán obrigados a cortar con nós.

-Se gardamos para nós todo o que fomos aprendendo ó longo de toda á vida: ¿para que nos vai servir? ¿Non será mellor compartilo?

En calquera situación que nos encontremos, a PRUDENCIA, ha de acompañarnos sempre. Din alí que a prudencia é a nai da ciencia.
¡Quen puidera ter tanta como se necesita..!

Cada persoa ten que buscar o programa que mellor se lle acomoda á súa idade a ás súas circuntancias persoais.
Hai un plan personalizado para cada un.
Do que se trata é de aproveitar a vivi-lo presente, porque mañá:
¿Sabe alguén o que pasará?

¿Gañamos algo con adiantar acontecementos preocupándonos polo futuro en lugar de ocuparnos do momento presente?

¿Por que nos preocupamos tanto polo noso futuro se non sabemos se chegaremos a mañá?

¿Non estaremos queimando o presente pensando no futuro?

Non sería máis aconsellable confiar no presente e pensar:
“Mañá Deus dirá”

Ou outras expresións semellantes, como poderían ser:

“O que teña que ser, será”
.
“Bástelle a cada día o seu”.

“Cada problema trae consigo a súa solución”

¿Cómo melloraría a mikña vida se pensara:

“HOXE TOCA SER FELIZ PORQUE SE O MIRO BEN, NON TEÑO NADA QUE ME IMPIDA PENSAR EN POSITIVO”.

“HOXE PODE SER O MELLOR DÍA DA MIÑA VIDA, VOUNO DISFRUTAR”

Pensar en positivo depende exclusivamente de cadaquén.
Inténteo, por favor.

¿Hai alguén que poida prohibirllo?

Non. ¿Verdade? (Tan só un mesmo)

Se ninguén pode prohibilo; podemos optar por pensar en positivo porque “Mañá Deus dirá”

Graciñas.
O vindeiro xoves quizais sexa o momento oportuno de reflexionar sobre “OS PIARES BÁSICOS DA VIDA DE CADA PERSOA”.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES